miniatura|Hipoglicemia (esquerda) e concenración de azucre normal (dereita).

A hipoglicemia, nivel de azucre/glicosa sanguíneo baixo ou baixada de azucre, é unha caída por debaixo do normal dos niveis de azucre sanguíneo, normalmente por debaixo de 70 mg/dL (3,9 mmol/L). O termo tríade de Whipple utilízase para identificar con propiedade os episodios hipoglicémicos. Esta tríade defínese como un nivel de glicosa sanguínea por debaixo de 70 mg/dL (3,9 mmol/L), síntomas asociados coa hipoglicemia e a resolución dos síntomas cando o azucre sanguíneo torna ao nivel normal. A hipoglicemia pode orixinar dor de cabeza, cansazo, torpeza, problemas para falar, confusión, ritmo cardíaco rápido, suoración, tremores, nerviosismo, fame, perda de consciencia, convulsións ou morte. Os síntomas normalmente aparecen rápido, e poden permanecer incluso algún tempo despois de que se elevase o nivel de azucre sanguíneo.

A causa máis común da hipoglicemia son os medicamentos para tratar a diabetes, como a insulina, sulfonilureas e biguanidas. O risco é maior para os diabéticos que comeron menos do habitual, se exercitaron recentemente ou tomaron alcohol. Outras causas da hipoglicemia son doenzas graves, sepse, insuficiencia renal, doenzas hepáticas, deficiencia de hormonas, tumores como os insulinomas ou tumores de células non-B, erros conxénitos do metabolismo e varios medicamentos. A hipoglicemia pode ocorrer en neonatos que polo demais están sans que non comeron durante algunhas horas.

A hipoglicemia trátase comendo alimentos ou bebidas azucrados, por exemplo, tabletas ou xeles de glicosa, zume de mazá, refrescos con azucre ou caramelos. A persoa afectada debe estar consciente e con capacidade de tragar. Debería consumirse 10–20 gramos dun carbohidrato para elevar os niveis de glicosa a un mínimo de 70 mg/dL (3,9 mmol/L). Se unha persoa non pode tomar alimentos pola boca, pode ser eficaz unha inxección ou insuflación de glicagón. O tratamento da hipoglicemia non relacionada coa diabetes inclúe tratar o problema subxacente.

Nas persoas con diabetes, a prevención empeza por coñecer os signos e síntomas da hipoglicemia. Os medicamentos para a diabetes, como a insulina, sulfonilureas e biguanidas poden tamén axustarse ou pararse para previr a hipolglicemia. Recoméndanse tests frecuentes e rutineiros de glicosa sanguínea. Para algúns pacientes os monitores de glicosa continuos con bombas de insulina son útiles na xestión da diabetes e a prevención da hipoglicemia.

Etimoloxía O termo hipoglicemia significa 'azucre sanguíneo baixo', procedente do grego ὑπογλυκαιμία, de ὑπο- hypo- 'debaixo' + γλυκύς glykys 'doce' + αἷμᾰ haima 'sangue'.

Definición A hipoglicemia é ter un nivel de azucre no sangue por debaixo de 70 mg/dL (3,9 mmol/L).

Os niveis de azucre sanguíneos flutúan de forma natural ao longo do día, e o corpo normalmente mantén niveis entre 70 e 110 mg/dL (3,9–6,1 mmol/L). Aínda que 70 mg/dL (3,9 mmol/L) é o límite inferior da glicosa normal, os síntomas da hipoglicemia xeralmente non ocorre ata que o azucre sanguíneo baixa ata os 55 mg/dL (3,0 mmol/L) ou menos. O nivel de glicosa sanguíneo ao cal se desenvolven os síntomas da hipoglicemia en alguén con varios episodios previos de hipoglicemia pode ser incluso menor.

Tríade de Whipple Os síntomas de ter un nivel de azucre sanguíneo baixo por si sós non son específicos dabondo como para caracterizar un episodio hipoglicémico. Unha soa lectura do azucre sanguíneo por debaixo de 70 mg/dL tampouco é específica para caracterizar un episodio hipoglicémico. A tríade de Whipple é un conxunto de tres condicións que se deben cumprir para caracterizar con precisión un episodio hipoglicémico.

As tres condicións son as seguintes:

Aparecen os signos e os síntomas da hipoglicemia (ver sección de máis abaixo sobre Signos e síntomas). Hai unha medida de azucre sanguíneo baixo, normalmente de menos de 70 mg/dL (3,9 mmol/L). Os signos e síntomas da hipoglicemia desaparecen despois de que os niveis de glicosa sanguíneos tornan ao normal.

Idade

A maior diferenza entre os niveis de glicosa sanguíneos entre os adultos e a poboación pediátrica ocorre en neonatos durante as primeiras 48 horas de vida. Despois das primeiras 48 horas de vida, a Sociedade Endócrina Pediátrica cita que hai pouca diferenza no nivel de glicosa sanguíneo e o uso de glicosa entre adultos e nenos. Durante o período neonatal de 48 horas, o neonato axusta os niveis de glicagón e adrenalina que tiña no momento do parto, o cal pode causar unha hipoglicemia temporal. Como resultado, foi difícil elaborar directrices sobre a interpretación e o tratamento da glicosa sanguínea baixa en neonatos con menos de 48 horas de vida. Seguindo esta revisión dos datos, a Sociedade Endócrina Pediátrica concluíu que os neonatos de menos de 48 horas empezan a responder á hipoglicemia a uns niveis de glicosa séricos de 55–65 mg/dL (3,0–3,6 mmol/L). Isto contrasta co valor en adultos, nenos, e meniños de máis de 48 horas, que é de aproximadamente 80–85 mg/dL (4,4–4,7 mmol/L).

En nenos de máis de 48 horas, a glicosa sérica como media está entre 70 e 100 mg/dL (3,9–5,5 mmol/L), similar á dos adultos. Os pacientes vellos e os que están tomando pílulas para a diabetes como sulfonilureas é máis probable que sufran un episodio grave de hipoglicemia. A tríade de Whipple utilízase para identificar a hipoglicemia en nenos que poden comunicar os seus síntomas.

Signos e síntomas

Os síntomas hipoglicémicos divídense en dúas categorías principais. A primeira categoría é a dos síntomas causados pola baixada de glicosa no cerebro, chamados síntomas neuroglicopénicos. A segunda categoría é a dos de síntomas causados pola reacción do corpo á baixada de azucre no sangue, chamados síntomas adrenérxicos. Síntomas neuroglicopénicosSíntomas adrenérxicos Dor de cabeza Visión borrosa Cansazo (fatiga) Comportamento non usual Confusión Mareos Dificultade para falar ou falar sen que se entenda Seizures Perda de coñecemento ou consciencia Morte, se a hipoglicemia é grave Taquicardia Palpitacións cadíacas Suoración Estar mollado pola suor Tremores Nerviosismo (ansiedade) Fame Irritabilidade Náuseas Parestesia (sensación de formigo ou adormecemento dos membros) Palidez da pelReferencias: Todo o mundo experimenta diferentes síntomas da hipoglicemia, de tal xeito que alguén con hipoglicemia pode non ter todos os síntomas da táboa de arriba. Os síntomas tamén adoitan ter un comezo rápido. É importante obter rapidamente unha medida de glicosa sanguínea na persoa que presente os síntomas para identificar axeitadamente o episodio hipoglicémico.

Causas

A hipoglicemia é máis común nos diabéticos tratados con insulina, glinidas e sulfonilureas. É rara en persoas que non teñen diabetes, porque hai moitos mecanismos reguladores que manteñen un balance axeitado da glicosa, a insulina e o glicagón.

Diabéticos

Medicamentos A causa máis común da hipoglicemia en diabéticos son os medicamentos para tratar a diabetes, como a insulina, sulfonilureas e biguanidas. Isto adoita deberse a doses excesivas ou non tomadas nos momentos correctos. Por veces, os diabéticos poden tomar insulina antes dunha comida ou refrixerio; esquecéndose despois de realmente comer dita comida ou refrixerio, o que orixina hipoglicemia. Isto causa un incremento da insulina sen presenza da glicosa procedente da comida planeada e non realizada.

Non recoñecemento hipoglicémico

Os episodios recorrentes de hipoglicemia poden levar a un non recoñecemento hipoglicémico, ou diminución da capacidade de recoñecer ou ser consciente da hipoglicemia. A medida que os diabéticos experimentan máis episodios de hipoglicemia, diminúe o nivel de glicosa sanguíneo que desencadea os síntomas da hipoglicemia. Noutras palabras, as persoas que recoñecen ben a hipoglicemia experimentan síntomas de hipoglicemia a un nivel de glicosa sanguínea de 55 mg/dL (3,0 mmol/L). Porén, aqueles con non recoñecemento hipoglicémico experimentan os síntomas da hipoglicemia a niveis moito máis baixos de glicosa sanguínea. Isto é perigoso por varias razóns. A persoa hipoglicémica non só aumenta a percepción da hipoglicemia a niveis de glicosa sanguínea moi baixos, senón que tamén necesita altos niveis de carbohidratos ou de glicagón para recuperar o seu nivel de glicosa sanguíneo normal. Estes individuos están tamén e con diferenza en maior risco de ter hipoglicemia grave.

Mentres que a causa exacta do non recoñecemento hipoglicémico aínda se está a investigar, pénsase que estes individuos empezan progresivamente a desenvolver poucos síntomas de tipo adrenérxico, o que ten como resultado a perda de síntomas de tipo neuroglicopénico. Os síntomas neuroglicopénicos son causados pola baixada da glicosa no cerebro e poden orixinar cansazo, confusión, dificultade ao falar, convulsións, e perda de coñecemento. Os síntomas adrenérxicos son causados pola reacción do corpo á baixada de glicosa no cerebro, e poden orixinar taquicardias, suoración, nerviosismo e fame. Ver a sección sobre Signos e síntomas para máis explicacións dos síntomas neuroglicopénicos e adrenérxicos.

En canto á epidemioloxía, o non recoñecemento hipoglicémico ocorre no 20–40 % dos diabéticos de tipo 1.

Outras causas Outras causas da hipoglicemia en diabéticos son as seguintes: Xaxún, tanto se é un xaxún planeado coma durante a noite, xa que hai un longo período de tempo sen consumir glicosa. Exercitarse máis do usual, xa que orixina un maior uso de glicosa, especialmente polos músculos. Beber alcohol, especialmente cando se combina con medicamentos para diabéticos, xa que o alcohol inhibe a produción de glicosa. Insuficiencia renal, xa que a insulina non pode eliminarse da circulación ben.

Non diabéticos

Doenzas graves

Algunhas doenzas graves en diversos sistemas orgánicos poden orixinar un nivel de azucre sanguíneo baixo como un problema secundario. A hipoglicemia é especialmente común e persoas que están na unidade de coidados intensivos de hospitais ou naquelas nas que se lles retira a alimentación e bebida como parte do seu tratamento.

A sepse, unha causa común da hipoglicemia en doenzas graves, pode causar hipoglicemia de moitas maneiras. Nun estado de sepse, o corpo usa grandes cantidades de glicosa como fonte de enerxía. O uso de glicosa aumenta máis pola produción de citocinas. As citocinas son proteínas producidas polo corpo en situación de estrés, especialmente cando se loita contra unha infección. As citocinas poden inhibir a produción de glicosa, diminuíndo así aínda máis os almacéns de enerxía do corpo. Finalmente, o fígado e os riles son sitios de produción de glicosa, e nun estado de sepse eses órganos non reciben suficiente oxíxeno, orixinando un decrecemento da produción de glicosa debido a danos no órgano.

Outras doenzas graves que poden causar hipoglicemia son as insuficiencias hepática e renal. O fígado é o sitio principal de produción de glicosa no corpo e calquera insuficiencia hepática ou dano hepático orixina unha diminución da produción de glicosa. Aínda que os riles son tamén sitios de produción de glicosa, a súa falta de produción de glicosa non é suficientemente significativa como para causar hipoglicemia. Ao contrario, os riles son responsables de eliminar a insulina do corpo e cando esta función está impedida na insuficiencia renal, a insulina permanece na circulación por máis tempo, favorecendo a hipoglicemia.

Fármacos