Persoas Anarquistas de Cor (Anarchist People of Color) é unha tendencia anarquista e antiautoritaria creada para afrontar o problema racial e as loitas da xente de cor nun contexto anarquista e para crear un espazo cívico de seguridade para a xente de cor. Nese sentido é coñecida a súa posición contraria ao nacionalismo negro.
Persoas Anarquistas de Cor non se organiza como un grupo, senón como unha interrede de persoas individuais, colectivos e células. Celebrou a súa primeira conferencia nacional en Detroit no ano 2003.
Categoría:Política dos Estados Unidos de América