Eduardo Castro Vázquez, coñecido como Dulceiro, nado en Bascós (Monforte de Lemos) en 1893, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

Propietario dun bodegón en Becerreá. Foi fundador e presidente da Agrupación socialista de Becerreá.La Lucha, 23-1-1932, p. 2. Foi proclamado candidato socialista para as eleccións de novembro de 1933.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 14. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Abríronlle expediente de incautación de bens en outubro de 1937.BOP Lugo, 30-10-1937, p. 1. Ingresou no cárcere de Lugo o 29 de xaneiro de 1940 acusado de auxilio á rebelión. Foi posto en liberdade en xullo, pero poucos días despois volveu ingresar no cárcere de Lugo procesado nos sumarios 190/1937 e 341/1940 acusado de rebelión militar. Foi condenado a doce anos de prisión, conmutada por seis anos. En aplicación da Lei de 1 de abril de 1941 foi posto en liberdade. Vida persoal

Casou con Manuela López Álvarez e foi pai de Eladio e Josefa Castro López. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo

Expediente de responsabilidade política nº 6/1937 de Manuel Guitián; Eduardo Castro Vázquez e outros

Con Alfonso de Caldeiro

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos