miniatura|350 px|Tres diferentes rutas de navegación a Groenlandia, Vinland (Newfoundland), Helluland (Illa de Baffin) e Markland (Labrador) recorridas por diferentes personaxes nas sagas islandesas. A Saga dos groenlandeses (en ) é unha das sagas islandesas que, xunto á Saga de Erik o Roxo son unha das principais fontes literarias de información sobre a colonización viquinga en América. Conta a colonización de Groenlandia iniciada por Erik o Roxo.

A saga presérvase en Flateyjarbók, un manuscrito do século XIV, e crese que se encargou a súa redacción no século XIII. Os feitos narrados desenvolvéronse entre 970 e 1030. Algúns fragmentos considéranse como fonte de feitos históricos.

Foi editada en galego por Rinoceronte Editora, cunha tradución de Elías Portela.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sagas de islandeses Saga de Erik o Roxo

Categoría:Literatura en lingua islandesa Categoría:Obras traducidas do islandés ao galego