O pobo tsáchila é un pobo indíxena de Ecuador que habita na provincia de Santo Domingo. A súa lingua é o tsafiki, da familia lingüística barbacoana, que quere dicir verdadeira palabra.
Historia Frank Salomón en 1997, identifica aos yumbos e niguas como grupos étnicos que habitaban xa aos inicios da colonia na selva noroccidental ecuatoriana; os yumbos, asentados en Consacoto serían, segundo este autor, o núcleo básico do cal descenderían os tsáchilas.Frank Salomon, 1997
Pola súa banda os cronistas españois da época colonial e outros investigadores, están de acordo no que ao longo dos contrafortes da cordilleira occidental dos Andes a partir do río Santiago polo norte e ata Angamarca polo sur, existían poboacións habitadas polos yumbos colorados. Jacinto Jijón y Caamaño estabelece en 1941, un tronco común lingüístico cos caranquis, barbacoas e cayapas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tsachilas-colorados Out, 2012
Categoría:Pobos indíxenas de Ecuador