Ramón Diéguez Reboredo, nado en Enquerentes (Touro) en 1928 e finado na Goleta (Touro) o 21 de xullo de 2000, foi un político galego.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD en Touro e foi o portavoz deste grupo na oposición. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Gallego Independiente e foi de novo portavoz na oposición. En maio de 1986 foi elixido alcalde de Touro grazas a unha moción de censura contra o ata entón alcalde de Coalición Galega, Jesús Santiso Blanco, e que contou co apoio dos demais grupos da oposición (Alianza Popular, Esquerda Galega e o PSdeG-PSOE). Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, na cal curiosamente rematou integrándose o ex-alcalde Santiso Blanco, e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.

En xaneiro de 1990 perdeu a alcaldía logo de que varios concelleiros que foran electos na súa candidatura (entre eles o ex-alcalde Santiso) apoiasen unha moción de censura que fixo alcalde ao que fora candidato do CDS, Ignacio Codesido Barreiro. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular e conseguiu recuperar a alcaldía grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Porén, en maio de 1994 os concelleiros socialistas (e o ex-alcalde Santiso, concelleiro da CNG) apoiaron unha moción de censura que lle devolveu a alcaldía a Codesido Barreiro, o cal ecabezara unha formación independente. Nas municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura do PP caendo derrotado fronte a Codesido, que logrou a maioría absoluta á fronte do PSdeG-PSOE. Continuou como concelleiro na oposición ata o remate dese mandato en 1999.

Finou na súa casa da Goleta, na parroquia tourense de Loxo. En setembro de 2018 foi inaugurado un parque público co seu nome cun monólito na súa memoria, logo da cesión da súa viuva dese terreo ao concelloO Concello de Touro inaugura o Parque Público Ramón Diéguez Reboredo.

Vida persoal Casou con Isabel Martínez Lamas, sen ter fillos. Era irmán do bispo Xosé Diéguez Reboredo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Touro

Categoría:Alcaldes de Touro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Touro Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes