miniatura|250px|dereita| Ilustración da enciclopedia escolar de 1909 The How and Why Library: Little Questions that Lead to Great Discoveries.
Transporte é un conxunto de procesos que teñen como finalidade o desprazamento de persoas e mercadorías. Se o que se despraza é a información o proceso denomínase comunicación. As persoas transportadas denomínanse viaxeros ou pasaxeiros. As mercadorías transportadas denomínanse cargamento ou carga.: "Carga que leva un medio de transporte.." : Segunda acepción: "Cousa ou cantidade de cousas que se carga sobre un vehículo, un animal etc., ou que leva unha persoa."
Para poder levar a cabo o proceso de transporte organízase o sistema de transporte, que é o conxunto dos medios de transporte (elementos móbiles ou vehículos -impulsados por tracción animal ou por calquera outro tipo de enerxía, desde os carros, barcos, ferrocaries, automóbiles, camións e avións, até os vehículos espaciais-) que realizan o desprazamento de viaxeiros e carga (e no seu caso dos contedores que a almacenan) por diferentes medios físicos (o medio terrestre, o medio acuático, o medio aéreo) en función do modo de transporte (transporte terrestre, transporte marítimo, transporte aéreo ou aeroespacial e transporte multimodal) e as infraestruturas de transporte fixas sobre as que se realiza ou que o permite (rúas, camiños, estradas, autoestradas, pontes, túneles, cruces ou pasos a nivel, glorietas, sinais de tráfico, redes ferroviarias -vías, estacións, intercambiadores, etc.-, cables e torres de funicular, canles, portos, redes eléctricas, oleodutos e gasodutos, aeroportos -pistas, terminais, torres de control, etc.-, bases espaciais, etc.)Los transportes, Atlas Didáctico-Instituto Geográfico Nacional.
Falar do transporte supón facer fincapé en infraestruturas, vehículos e operacións e distinguir, segundo a posesión e uso da rede, transporte público, se os vehículos son utilizables por calquera, e transporte privado, se os vehículos só son empregados polos seus donos. En inglés denomínase "transit" ao transporte público e "traffic" ao transporte privado. En galego non se fai esa distinción, usándose as palabras "tránsito" e "tráfico" indistintamente para referirse á circulación de vehículos de transporte; en tanto que se lle chama "transporte pesado" ao tráfico de mercadorías e carga.
A planificación, xestión e control do almacenamento e envío das cargas ao seu destino, e calquera outra operación relacionada co transporte para facelas máis eficientes, é o obxecto da loxística, unha técnica clave da cadea de valor.¿Qué es la logística y para qué sirve?, Ferrovial.
Se a revolución dos transportes é o concepto historiográfico que se aplica ás transformacións do século XIX (no contexto da primeira e a segunda revolución industrial);Dan Bogart, The Transportation Revolution in Industrializing Britain: A Survey, Working Papers 121306, University of California-Irvine, Department of Economics, 2013. o incremento e xeneralización de intercambios e desprazamentos que se produciu coa globalización e as modificacións na forma de vida urbana produciron recentemente na actividade do transporte profundas disrupcións vinculadas á aplicación das tecnoloxías da información e comunicación que permiten a chegada das mercadorías porta a porta (mobilidade de último quilómetro) e innovacións conceptuais en infraestruturas, vehículos e os seus usos (navegación GPS, estrada intelixente, vehículos autónomos, mobilidade como un servizo, uso temporal de vehículos, vehículo compartido, micromovilidade, etc.) Se por unha banda supoñen espectaculares aumentos do volume, a velocidade e a eficiencia, por outro implican unha vulnerabilidade que fai difícil xestionar as crises, como se evidenciou durante o bloqueo da canle de Suez de 2021.
Tecnicamente falando, o modo de transporte está restrinxido á definición dada para a terceira das etapas do método de catro etapas. Infraestrutura do transporte A infraestrutura denomínase normalmente rede e distínguense as de estradas, vías de ferrocarril, rotas aéreas, canles, tubaxes etc., incluíndo os nodos ou terminais: aeroportos, estacións de ferrocarril, terminais de autobuses e portos ou peiraos.
Vehículos miniatura|275px|Bus da liña Silleda - Pontevedra. miniatura|275px|dereita|Interior dun autobús urbano Os vehículos de transporte (coches, trens, avións etc.) transitan sobre as redes, aínda que existen casos de redes que non usan vehículos: a rede peonil, as redes de beirarrúas móbiles, as cintas transportadoras e os condutos ou tubaxes.
Operacións As operacións tratan do control do sistema (semáforos, control de trens, control do tráfico aéreo etc.) así como das políticas, os modos de financiamento e a regulación do transporte (por exemplo, o uso de peaxes ou impostos).
Deseño de redes de transporte En termos xerais, o deseño de redes é parte da enxeñería civil e da planificación urbana, o deseño de vehículos da enxeñería mecánica, tamén especializada en campos como enxeñería naval e enxeñería aeronáutica, mentres que as operacións son frecuentemente específicas aínda que poderían pertencer con maior propiedade á investigación operativa ou a enxeñería de sistemas. A enxeñería de transporte toma elementos de todas estas áreas para, esencialmente, deseñar a capacidade dos elementos a construír.
As redes deséñanse considerando tres aspectos: a xeometría, a resistencia e a capacidade. Na práctica, o deseño de transporte centra as súas miras en tomar os deseños xeométricos e definir o seu ancho, número de carrís, vías ou diámetro. O seu produto é tomado polo especialista en pavimentos, raís, pontes ou condutos e convertido en grosores de calzada, balastro, trabes ou paredes de tubaxe. O enxeñeiro de transporte é tamén responsable de definir o funcionamento do sistema considerando o tempo.
Non debe confundirse a complexidade do problema de transporte co uso de tecnoloxía avanzada: talvez o problema máis complexo de transporte do mundo non sexa o de conxestións vehiculares en Singapur ou o transporte de carga ao espazo, senón o do traslado de peregrinos da Meca a Medina, con restricións enormes de tempo e loxística.
Métodos para o deseño de redes de transporte Os principais métodos para o deseño de redes inclúen o das catro etapas, o uso da teoría de colas, a simulación e os métodos que poderiamos chamar de coeficientes empíricos.
Método de catro etapas Con este método calcúlase separadamente a "xeración de viaxes", ou número de persoas ou cantidade de carga que produce unha área, a "distribución" de viaxes, que permite estimar o número de viaxes ou cantidade de carga entre cada zona de orixe e destino, a "partición modal", é dicir o cálculo do número de viaxes ou cantidade de carga que usarán os diferentes modos de transporte e a súa conversión en número de vehículos e finalmente, a "asignación" ou a definición de cales segmentos da rede ou rotas utilizarán os vehículos. Este proceso realízase empregando a densidade e localización de poboación ou de carga actual para verificar que os volumes previstos polo método estean de acordo coa realidade. Finalmente úsanse as estimacións de poboación futura para recalcular o número de vehículos en cada arco da rede que se usará para o deseño. Úsase principalmente para a planeación de transporte e é esixido por lei en moitas zonas urbanas.
Método de teoría de colas Utiliza a estatística e certas asuncións sobre o proceso de servizo. Permite estimar, a partir das taxas de chegada dos clientes (xa sexan vehículos ou persoas) e da velocidade de atención de cada canle de servizo, a lonxitude de cola e o tempo medio de atención. A taxa de chegada dos clientes debe analizarse para coñecer, non soamente a súa intensidade en número de clientes por hora, senón a súa distribución no tempo. Atopouse experimentalmente que a distribución de Poisson e as distribucións xeométricas reflicten ben, respectivamente, a chegada aleatoria de clientes e a chegada de clientes agrupados. Utilízase principalmente para a estimación de número de casetas de peaxe, bombas en estacións de combustible, postos de atención en portos e aeroportos e número de caixeiros ou liñas de atención ao cliente requiridas nun establecemento.
Métodos de simulación de transporte Existen dous tipos principais de simulacións en computador utilizadas na enxeñería de transporte: macrosimulacións e microsimulacións'.
As primeiras utilizan ecuacións que reflicten parámetros xerais da corrente vehicular, como velocidade, densidade e caudal. Moitas das ideas detrás destas ecuacións están tomadas da análise de fluxo de líquidos ou gases ou tomadas de relacións achadas empiricamente entre estas cantidades e as súas derivadas.
As segundas simulan cada vehículo ou persoa individualmente e fan uso de ecuacións que describen o comportamento destes vehículos ou persoas cando seguen a outro (ecuacións de seguimento vehicular) ou cando circulan sen impedimentos.
A teoría de colas baséase en procesos estocásticos.
Métodos de coeficientes Empregan ecuacións de tipo teórico pero, en xeral, parten de medicións que indican a capacidade dunha rede en condicións ideais. Esta capacidade, normalmente, vai diminuíndo a medida que a rede ou circunstancias se afastan dese ideal.
Os métodos proporcionan coeficientes, menores cá unidade, polos que se debe multiplicar a capacidade "ideal" da rede para atopar a capacidade nas condicións dadas.
Modos de transporte
Os modos son combinacións de redes, vehículos e operacións, e inclúen o andar, o coche, o sistema de estrada, os ferrocarrís, o transporte marítimo (barcos, canles, e portos) e o transporte aéreo (aeroplanos, aeroportos e control do tráfico aéreo). O transporte dunha persoa ou de mercadorías pode implicar un ou varios modos, sendo este último caso o transporte intermodal ou multimodal. Cada modo ten as súas propias vantaxes e desvantaxes, e elixirase en función do custo, a capacidade e a ruta.
Os gobernos regulan o funcionamento dos vehículos e os procedementos establecidos para ese efecto, incluíndo o financiamento, os aspectos legais e as políticas.Na industria do transporte, as operacións e a propiedade das infraestruturas poden ser públicas, privada ou unha asociación entre ambas, dependendo do país e do modo de transporte. Os modos de transporte poden ser unha mestura dos dous sistemas de propiedade, como os automóbiles de propiedade privada e o transporte urbano de propiedade gobernamental nas cidades. Moitas aeroliñas internacionais teñen unha propiedade mixta público-privada.
O transporte de pasaxeiros pode ser público, onde os operadores prestan servizos regulares, ou privado. O transporte de mercadorías centrouse na contenedorización, aínda que o transporte a granel utilizase para grandes volumes de artigos duradeiros. O transporte xoga un papel importante no crecemento económico e na globalización, pero as formas propulsadas por máquinas causan contaminación atmosférica e utilizan grandes cantidades de terra. Aínda que está fortemente subvencionado polos gobernos, unha boa planificación do transporte é esencial para que o tráfico flua e free a expansión urbana. Impulsado por humanos miniatura|upright|O transporte de propulsión humana segue sendo común nos países en desenvolvemento.
O transporte de propulsión humana, unha forma de transporte sostible, é o transporte de persoas ou mercadorías mediante a forza muscular humana, en forma de camiñar, correr e nadar. A tecnoloxía permitiu que as máquinas melloren a eficiencia enerxética da mobilidade humana en terreos relativamente lisos. O transporte de propulsión humana segue a ser popular por razóns de aforro de custos, lecer, exercicio físico e ecoloxismo; ás veces é o único tipo dispoñible, especialmente en rexións subdesenvolvidas ou inaccesibles.