Le Cinéma Club é unha páxina web de difusión de cinema. Cada semana ofrece a visualización dun filme diferente. Foi creado por Marie-Louise Khondji en xullo de 2015. O repertorio da web é variado respecto ao país de orixe, mais tamén ao xénero: hai tanto ciname clásico como independente e experimental. Tamén é heteroxéneo na duración, xa que amosa tanto longametraxes como curtametraxes. Porén, pon énfase en directores de cinema novos ou emerxentes, xa que precisan visibilidade para medrar como artistas.
Ademais, no apartado "In the Cinema Club of...", recóllense recomendacións de cineastas e cinéfilos de renome. Entre outros, colaboraron personalidades como Isabelle Huppert, Bong Joon-ho, Lynne Ramsay, Robert Pattinson, Wes Anderson e Joachim Trier.
O servizo é totalmente de balde, non aparece publicidade durante a navegación nin cómpre rexistro. O filme muda cada venres.
O 14 de xuño de 2019, logo dunha pausa, a páxina retomou a actividade coa curtametraxe Keep It for Yourself de Claire Denis. Co apoio da marca Chanel, redeseñaron a plataforma e ampliouse o contido con entrevistas a futuras promesas do cinema, apuntamentos do director Harris Savides e galerías de fotos exclusivas, comezando por unha de Brigitte Lacombe.
Notas
Categoría:Sitios web