David Victor Canter, nado en 1944, no Reino Unido, é un psicólogo británico coñecido por ser un dos fundadores da psicoloxía investigadora (investigative psychology), disciplina que aplica os principios da psicoloxía científica á análise e resolución de delitos. O seu traballo foi fundamental para o desenvolvemento do perfilado criminal en Europa e para establecer unha base empírica no estudo da conduta delituosa.

Traxectoria académica Canter licenciouse en Psicoloxía e doutorouse no University College London. Desenvolveu a súa carreira académica en varias universidades británicas, entre as que destacan a Universidade de Surrey e a Universidade de Liverpool, onde fundou o International Research Centre for Investigative Psychology.

Contribucións á psicoloxía criminal David Canter é considerado o pai da psicoloxía investigadora (investigative psychology). Fronte ao perfilado criminal baseado en impresións subxectivas, Canter defendeu un enfoque científico e estatístico para comprender o comportamento criminal. Verde, M. A. S., & Roca, D. S. (2006). Psicología criminal. Pearson educación.

As súas investigacións céntranse en:

O estudo da relación entre o espazo e o crime (geographical profiling). A análise da conduta delitiva como interacción social, entendendo os crimes como expresión de patróns psicolóxicos dos ofensores. O desenvolvemento de modelos empíricos aplicables á investigación policial.

Casos destacados A súa metodoloxía fíxose especialmente coñecida pola colaboración coas forzas de seguridade británicas no caso de John Duffy, coñecido como o Railway Rapist, na década de 1980. O perfil elaborado por Canter foi decisivo para a identificación e condena do delincuente, consolidando a súa reputación internacional.

Publicacións destacadas Durante a súa carreira académica, publicou numerosos libros e artigos sobre psicoloxía criminal, entre os que destacan:

Canter, D. (1994). Criminal Shadows: Inside the Mind of the Serial Killer. Londres: HarperCollins. Canter, D. (2003). Mapping Murder: The Secrets of Geographical Profiling. Londres: Virgin Books. Canter, D., & Alison, L. (2008). Investigative Psychology: Offender Profiling and the Analysis of Criminal Action. Londres: Wiley.

Legado O traballo de Canter consolidou a psicoloxía criminal como disciplina académica con rigor científico e utilidade práctica na investigación policial. A súa achega ten e terá transcendencia en xeracións de criminólogos, psicólogos forenses e profesionais da seguridade.

Notas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Psicólogos do Reino Unido