dereita|miniatura|Nicho de Carlos Rodríguez Baltar en Almeiras.

Carlos Rodríguez Baltar, nado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1922 e finado na Coruña o 8 de novembro de 1988, foi un técnico galego especialista en raios X.

Traxectoria

Naceu nunha prestixiosa familia compostelá de médicos e cirurxiáns. Estudou o bacharelato na vila local, e despois da guerra civil os seus tíos déronlle permiso para desarmar e reparar as súas máquinas de raios X. Con vinte anos era representante de tres empresas alemás do sector, entre elas Siemens. E cara a 1955 montou un taller de venda e reparación.

En 1949 comezou a carreira de Química na Universidade de Santiago de Compostela, e rematouna en 1960 na Universidade de Oviedo. Comezou a colaborar na cátedra de Química-Física dirixida por Tomás Batuecas.

Ao non ser xa rendible a montaxe de aparellos de raios-X pasou a traballar na minaría metálica, como especialista no emprego de altas intensidades eléctricas para a concentración de minerais. Rexistrou diversas patentes para a explotación de volframio, titanio ou estaño. En 1973 a empresa mineira con sede en Nova York W. R. Grace and Co. quixo contratalo como técnico da empresa, e tras a súa renuncia puxo ao seu servizo un equipo de especialistas.

En 1974 comezou a colaborar co Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, como asesor en proxectos de investigación na mellora e aproveitamento das materias primas galegas de aplicación na industria cerámica. Ademais, empregouse a súa separadora magnética de alta intensidade para a explotación e purificación industrial das pegmatitas de Silán (Muras). Fabricáronse tamén hidrociclóns de porcelana, unha planta ciclonar para traballos de campo, así como sistemas pulsantes de separación de minerais. Os seus enxeños e inventiva chegaron ata os máis afastados campos de aplicación.

Logo de que en 1978 Isidro Parga Pondal lle confiase a custodia do Laboratorio Xeolóxico de Laxe ao Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, en 1979 Carlos Rodríguez Baltar foi un dos membros fundadores da Área de Xeoloxía e Minería do novo Seminario de Estudos Galegos.

Obra

Modificaciones introducidas en los dispositivos de concentración gravimétrica, electrostática y magnética de minerales de playa (memoria de licenciatura; Universidade de Santiago, 1962) "Beneficiación de minerales densos en las playas de Galicia: nuevas técnicas y dispositivos" (Leidse Geologische Mededelingen nº 36, 1966). Dispositivo para Extracción por disolución Hidrodinámica de las Menas (Serviços Geológicos de Portugal, 1966). "Separación magnética de Alta Intensidad de Lecho Fluidizado". Congreso Internacional de Mineiría, 1970. "Recientes progresos en la separación hidrogravimétrica industrial de minerales" (Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe nº 1, 1980). "Aprovechamiento de yacimientos de media y pequeña potencia mediante equipos de concentración móviles integrados por módulos" (Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe nº 2, 1981). "Proceso 'Baltar' de flotación manolaminar. Fundamento y carcaterísticas" (Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe nº 3, 1982). "Medidas de potencial y determinación de movilidad iónica en elementos galvánicos constituidos por materiales silicatados" (Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe nº 11, 1987).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

COLLINS, N. (1974): Aplication of the Baltar Processing to Separation of Tin and Tugsten Values termo Concentrates Produced at Bolivia. Londres: Warren Spring Lab.

MARIACHER, C. (1975): Aplication to the Baltar Pulsator to Neutralization of Acid- mine Water using Limestone. Colorado School of Mines Reasearch Insitute. RAU, L. (1973): Testing of the Baltar Pulsator. Colorado of Mines Research Insitute. VARELA, A. (2003). “Carlos Rodriguez Baltar”. Gran Enciclopedia Gallega. Lugo. VARELA, A. (2007): "O Seminario de Sargadelos: Departamento de Tecnología e Instituto de Minerais Carlos R. Baltar. A investigación cerámica en Galicia. Grial 175, pp. 60-71. WAGNER, E. (1974): Aplication to the Baltar Pulsator to Coal Washing. Colorado School of Mines Research Insitute.

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo