As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) situado nos concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada, entre os ríos Ulla, Deza e Umia. O espazo acolle a lagoa Sacra de Olives e o Monte San Sebastián.

Flora e fauna Flora As brañas de Xestoso comprenden diversos ecosistemas. Nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nas herbeiras dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, mentres que nas zonas de transición cara aos prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.

Fauna Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia albela, o paporrubio, o sisón, a laverca, a cobra viperina, ademais de diversas especies de ras e sapos.

Galería de imaxes

Notas

Brañas de Xestoso Categoría:A Estrada Categoría:Forcarei Categoría:Silleda