A liña 7 do metro de Barcelona, tamén coñecida como liña de Balmes, é un servizo de ferrocarril metropolitano soterrado que forma parte da Liña Barcelona-Vallès de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (antigos Ferrocarrils de Catalunya), compartindo infraestrutura coa liña 6 do metro de Barcelona e mais catro servizos máis. A compañía Ferrocarril de Barcelona a Sarrià (FBS) construíu e inaugurou o Tren de Sarrià no ano 1863, que foi soterrado posteriormente e o tramo ata Avinguda Tibidabo inaugurouse a finais do ano 1954 e aberto ó público o 1 de xaneiro de 1955 como un novo ramal do Tren de Sarriá concedido polo Concello de Barcelona á Compañía do Ferrocarril de Sarriá a Barcelona, que xa dependía de Ferrocarrís de Cataluña (FCC).

O ramal xa aparecía no Plan de Ligazóns Ferroviarias de 1933, partindo da estación de Gràcia ata a estación de Avinguda Tibidabo con catro novas estacións: Pl. Molina, Pàdua, El Putxet e Av. Tibidabo. Tiña unha lonxitude de 1860 metros que circulaban baixo a Rúa de Balmes e a praza de Molina ata a avenida do Tibidabo.

No tocante ós túneles, a liña 7 comparte túnel co resto de servizos de Ferrocarrís da Generalitat de Cataluña entre a estación terminal de Barcelona - Plaça Catalunya e Gràcia onde se bifurca para ir ata Avinguda Tibidabo.

Referencias

Liña 07