A Q zhengzhuan (en chinés tradicional: 阿Q正傳; en chinés simplificado: 阿Q正传; en pinyin: A Q zhèngzhuàn; en ) é unha novela curta do escritor chinés contemporáneo Lu Xun.

Historia A obra foi escrita entre decembro de 1921 e febreiro de 1922. Unha sección do libro apareceu publicada no xornal Chenbao fu juan de Beijing, baixo o pseudónimo de Baren (巴人). O primeiro capítulo saíu na mesma revista o 4 de decembro de 1921, nunha sección titulada "Historias felices"; nun principio, a escritura de Lu Xun empregaba o estilo cómico típico da época. Porén, o seu obxectivo non era "resultar divertido ou causar compaixón", senón describir "o espírito dun compatriota contemporáneo". Así, o segundo capítulo pasou á sección "Nova arte e literatura", onde continuou até o seu remate o 12 de febreiro de 1922. Posteriormente, publicouse na escolma de novelas Na han (1923).

Temas A Q zhengzhuan manifesta a decepción do autor respecto da revolución Xinhai e o seu fracaso á hora de introducir reformas reais para a poboación do rural. A través do protagonista, A Q, exprésanse as malas raíces da natureza humana, como a covardía, a grandilocuencia ou a egolatría.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Literatura da China Categoría:Lu Xun