O club do crime dos xoves (en ) é un filme británico-estadounidense de 2025 dirixido por Chris Columbus a partir dun guión de Katy Brand e Suzanne Heathcote. Baséase na novela de 2020 de Richard Osman. Está protagonizado por Helen Mirren, Pierce Brosnan, Ben Kingsley e Celia Imrie, xunto con David Tennant, Jonathan Pryce, Naomi Ackie, Daniel Mays, Henry Lloyd-Hughes, Richard E. Grant, Tom Ellis, Geoff Bell, Paul Freeman, Sarah Niles e Ingrid Oliver nos papeis secundarios. A súa trama segue a un grupo de detectives afeccionados de idade avanzada que tentan resolver un asasinato.

O club do crime dos xoves estreouse o 21 de agosto en Leicester Square, Londres, antes de ter unha estrea limitada en 30 cinemas o 22 de agosto, e de estrearse en liña en Netflix o 28 de agosto de 2025, onde conta con versión dobrada ao galego. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes Helen Mirren como Elizabeth Pierce Brosnan como Ron Ritchie Ben Kingsley como Ibrahim Arif Celia Imrie como Joyce Naomi Ackie como Donna De Freitas Daniel Mays como DCI Chris Hudson Henry Lloyd-Hughes como Bogdan Tom Ellis como Jason David Tennant como Ian Ventham Jonathan Pryce como Stephen Paul Freeman como John Geoff Bell como Tony Curran Ingrid Oliver como Joanna Joseph Marcell como Padre Mackie Ruth Sheen como tía Maud Richard E. Grant como Bobby Tanner

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Columbus Categoría:Filmes rodados en Buckinghamshire Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de 2025 con versión en galego