miniatura|250px|Xosué e os israelitas, por Karolingischer Buchmaler, c.840.
Xosué, é un nome propio masculino galego. A súa orixe é hebrea, Ye'oxua (יְהוֹשֻׁעַ), de onde tamén procede o nome de Xesús, que quere dicir 'Deus é a salvación'.
En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Xosué, cunha media de idade de 39,6 anos.Nome Xosué na web do Instituto Galego de Estatística.
Historia O nome provén de Xosué, un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo,Biblia, Libro do Éxodo 17:9–14 no Libro dos Números,Biblia, Libro dos Números 13:8 e máis no Libro de Xosué, segundo os cales foi escollido por Iavé para suceder a Moisés como líder dos israelitas durante a conquista de Canaán. Conquistou a maior parte do territorio da Terra Prometida e distribuíuno entre as Doce tribos de Israel.Philip Wilkinson, Religiões (Religions, 2008), Río de Xaneiro: Zahar, 2011, p. 297.
Noutras linguas Alemán: Joshua Aragonés: ChosuéEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Catalán: Josuè Castelán: Josué Éuscaro: Josue Francés: Josué Inglés: Joshua Italiano: Giosue Neerlanadés: Jozua Portugués: Josué
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos