María do Cebreiro Rábade Villar, nada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976, é unha poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura.
Traxectoria Filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes e irmá do pianista Abe Rábade. En 1998 licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Teoría da Literatura, investigadora e profesora Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Doutora pola USC coa tese Aproximación teórica ao fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espazo: as antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña (2004), dirixida por Fernando Cabo Aseguinolaza.
En 1998 viu a luz o seu primeiro libro de poemas O estadio do espello. Seguírono (nós, as inadaptadas) (2002, accésit do XXI Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega), Non queres que o poema te coñeza (2004, galardoado co II Premio de poesía Caixanova 2003), O barrio das chinesas (2005), Os hemisferios (2006), Cuarto de outono (2008), Non son de aquí (2008), Os inocentes (2014), O deserto (Premio da Crítica de poesía galega e Premio da Crítica Galicia en Creación Literaria, 2015), A lentitude (2017) e Soños. Arquivos. Cartas (2018).
En 2004 acadou o Premio de Investigación Dámaso Alonso coa obra As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, extraída da súa tese de doutoramento Aproximación teórica ó fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espacio (2004), na que ensaia unha teoría das antoloxías poéticas no contexto literario peninsular, e máis especificamente nas sociedades galega e catalá contemporáneas. No ano 2005 publica As terceiras mulleres, ensaio trazado ao redor da nova maneira de entender a representación da subxectividade feminina e a creación artística feita por mulleres. Xa en 2011 ve a luz Fogar impronunciable. Poesía e pantasma onde reflexiona sobre a desaparicion e a literatura como un dos medios de representación histórica.
Coordinou as escolmas A poesía é o gran milagre do mundo (2001), mostra de poesía galega contemporánea traducida ao inglés, e Damas negras (2002), antoloxía e tradución ao galego de letras de cancións cantadas por mulleres.
En 2016 gañou o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto (Apiario, 2015) e en 2021 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Maternidades Virtuosas (Galaxia, 2022).
Obra Poesía O estadio do espello (1998). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 9788483023365. (nós, as inadaptadas) (2002). Ferrol: Sociedade de cultura Valle-Inclán. 73 páxs. ISBN 9788495289292. Non queres que o poema te coñeza (2004). PEN Clube de Galicia, Ed. Danú. 139 páxs. ISBN 84-933404-0-5. O barrio das chinesas (2005). O Correo Galego, Ed. Compostela. 119 páxs. ISBN 978-84-8064-148-7. Os hemisferios (2006). Vigo: Galaxia. 100 páxs. ISBN 978-84-8288-940-5. Objetos perdidos (edición bilingüe gallego-castellano) (2007). Xixón: Trea. ISBN 978-84-9704-338-0. Cuarto de outono (2008). Santiago: Sotelo Blanco. 121 páxs. ISBN 9788478245499. Non son de aquí (2008). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 9788497829342. Traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira como I Am Not from Here."Shearsman Books publica en inglés un poemario de María do Cebreiro" , Xornal de Galicia, 26 de abril de 2010. Poemas históricos (2010). Editado por Xosé Carlos Hidalgo Lomba. O grupo (2011). Sen distribución comercial. Deseño gráfico de Xosé Carlos Hidalgo Lomba. A guerra (2013). Xunto con Daniel Salgado. Barbantesa. 86 páxs. ISBN 978-8494030222. A ferida (2013). Conversa poética con Ismael Ramos. Editado por Xosé Carlos Hidalgo Lomba. Os inocentes (2014). Vigo: Galaxia. 76 páxs. ISBN 978-84-9865-541-4. O deserto (2015). Apiario. Traducido ao inglés. 48 páxs. ISBN 978-84-943210-3-0. A lentitude (2017). Santiago: Chan da pólvora. 50 páxs. ISBN 9788494769856. Soños. Arquivos. Cartas (2018). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8491213321. A herba de namorar (2019). Vigo: Galaxia. 142 páxs. ISBN 978-84-9151-394-0.
Ensaio As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña (2004). Universidade de Santiago de Compostela. 271 páxs. ISBN 9788497503754. As terceiras mulleres (2005). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-771-5. Manual de teoría de la literatura (2006). Madrid: Castalia. ISBN 84-9740-190-5. Te seguirá mi canción del alma--: el bolero cubano en la voz de las mujeres (2008). Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico; Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-915-2. Con María Yolanda Novo Villaverde. Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (2011). Vigo: Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9865-303-8. Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (2022). Vigo: Galaxia.164 páxs. ISBN 978-84-9151-925-6.
Antoloxías coordinadas A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle (2001). PEN Clube de Galicia.
Traducións Damas negras: música e poesía cantada por mulleres (2002). Xerais. Tres vidas, de Gertrude Stein (2006). Galaxia.
Edicións
Cantares gallegos: estudo preliminar (2021). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-781-7.
Obras colectivas dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999). Mini-relatos, (Libraría Cartabón, 1999). Novas voces da poesía galega: recital (Consello da Cultura Galega, 2000). XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002). Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003). Avilés de Taramancos: A paixón pola terra (Consello da Xuventude de Galicia, 2004). Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). X. Espazo para un signo (Xerais, 2005). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006). Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006). Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa (Portugalizando, 2007, Lisboa). A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium). Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora). To The Winds Our Sails (2010, Salmon Poetry). Tradución do galego ao inglés. XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011, S. C. D. Condado). Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011). En inglés e galego. As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas). A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos). A guerra (2013, Barbantesa). Con Daniel Salgado. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón). Participou na coordinación de De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega). Relatos da Ulloa (2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis). El primer loco: edición facsimilar e ilustrada (2019). Alvarellos. Pensamiento y crítica literaria en el siglo XX (castellano, catalán, euskera, gallego) (2019). Cátedra
Premios Accésit do XXI Premio Esquío de poesía en lingua galega en 2001 por (nós, as inadaptadas). Gañadora do II Premio de poesía Caixanova en 2003 por Non queres que o poema te coñeza. Gañadora do VI Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica en 2004 por As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015, por O deserto. Premio da Crítica Galicia de Creación literaria de 2015, por O deserto. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio de 2021, por Maternidades virtuosas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Web de María do Cebreiro María do Cebreiro en Galicia, mujeres poetas (I) Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1976 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela