Juan Ferney Otero Tovar, nado en Sipí (Chocó) o , é un futbolista colombiano, que xoga como extremo no Sporting de Gijón, da Segunda División.

Traxectoria

Comezos Formouse como futbolista nas canteiras do Deportivo Pereira e Santa Fe. En 2014 pasou á disciplina do Fortaleza CEIF, debutando ese mesmo ano co primeiro equipo na Primeira A. Tras xogar varios partidos esa tempada, na que o equipo descendeu á Primeira B, afianzouse como titular na seguinte, na que anotou 5 goles, o primeiro deles ante o América de Cali, e contribuíu ao ascenso do equipo de Bogotá á máxima categoría.

Fabril En setembro de 2015 recalou no fútbol galego, sendo cedido ao Fabril, da Terceira División. No filial do Deportivo da Coruña formou unha destacada dianteira xunto a Pinchi, sumando entre ambos 40 goles, o que levou o equipo a disputar a promoción de ascenso á Segunda B, aínda que sen éxito.

En xuño de 2016 regresou ao Fortaleza, co que disputou o Torneo Finalización 2016. A pesar do seu bo rendemento, non puido evitar un novo descenso do seu equipo á Primeira B.

Estudiantes O 9 de febreiro de 2017 confirmouse a súa cesión por un ano ao Estudiantes de la Plata da Arxentina. Debutou no campionato arxentino o 9 de marzo, nunha derrota por 3-2 contra o Vélez Sarsfield. No seu segundo partido debutou na Copa Libertadores, contra o Botafogo, e marcou o seu primeiro gol, aínda que o seu equipo perdeu por 2-1. Disputou logo a Copa Suramericana, cendo nos oitavos de final contra o Club Nacional de Paraguai.

Na tempada 2017/18 anotou 7 goles en liga, aos que sumou outros dous na Libertadores 2018.

Amiens O 4 de xullo foi anunciado oficialmente como novo xogador do Amiens francés, ao que foi traspasado por uns 10 millóns de euros. Debutou na Ligue 1 o 12 de agosto, xogando como titular nunha derrota por 0-2 ante o Olympique de Lión. Durante os seguintes dous anos e medio disputou un total de 69 partidos co club francés, nos que marcou 5 goles e repartiu 6 asistencias.

Santos Laguna O 4 de xaneiro de 2021 foi traspasado ao Santos Laguna da Primeira División mexicana. Militou durante un ano no conxunto de Coahuila, anotando 5 goles en 47 partidos.

Club América En xaneiro de 2022 pasou ao Club América de Cidade de México, no que apenas tivo protagonismo, xogando menos de 300 minutos repartidos en 11 partidos.

Sporting de Gijón En xullo de 2022 chegou ao Sporting de Gijón, da Segunda División española, onde xogou cedido durante dous anos. O seu bo rendemento en Xixón fixo que o club o incorporase en propiedade en xullo de 2024.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no departamento de Chocó Categoría:Futbolistas de Colombia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Independiente de Santa Fe Categoría:Xogadores do Club Estudiantes de La Plata Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Santos Laguna Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón