Hymenachne (sinónimo Dallwatsonia), é un xénero de plantas de zonas acuáticas moi estendido da familia Poaceae.Hymenachne. Integrated Taxonomic Information System (ITIS). É un xénero dun tipo de herbas dos pantanos e marismas. Están distribuídas por rexións tropicais e subtropicais de Asia, América e as illas do Pacífico.Clarkson, J. R., et al. (2011). A report of hybridisation in Hymenachne (Poaceae, Panicoideae) with description of Hymenachne × calamitosa, a new species of hybrid origin from tropical Australia. Telopea 13(1-2), 105-14. Unha especie do continente americano, H. amplexicaulis, é moi coñecida noutras partes do mundo por ser unha especie introducida e invasora.

Descrición

As especies do xénero Hymenachne son plantas acuáticas atopadas frecuentemente en marismas, pantanos e outros hábitats húmidos. Os seus talos poden ser esponxosos co tecido aerénquima. Os talos máis longos poden chegar a 4 m nalgunhas especies. Son perennes, ás veces con rizomas. As follas son lineares ou lanceoladas.Hymenachne. Grassbase - The World Online Grass Flora. A inflorescencia adoita ser un panículo cilíndrico con forma de espiga, raramente ramificado.

Taxonomía

O xénero Hymenachne foi descrito por primeira vez por Palisot de Beauvois en 1812. É similar ao xénero Sacciolepis, descrito en 1901. Ambos os dous foron considerados parte de Panicum.Hymenachne. Flora of China. Moitas especies de Hymenachne estiveran clasificadas previamente en Sacciolepis.

En 1992, Bryan Kenneth Simon describiu o novo xénero Dallwatsonia para clasificar unha soa especie nova australiana que chamou Dallwatsonia felliana. O nome do xénero lembra os botánicos australianos Michael Dallwitz e Leslie Watson. En 2014, outras dez especies máis foron transferidas desde Panicum a Dallwatsonia por José Ramón Grande Allende, que sinalou que Dallwatsonia estaba moi emparentada con Hymenachne, pero podían distinguirse por teren colmo oco en vez de macizo. Porén, un estudo de filoxenética molecular publicado en 2014 apoiou a sinonimia de Dallwatsonia e Hymenachne, unha conclusión tamén apoiada por un estudo de 2019. En 2024, Plants of the World Online aceptaba Dallwatsonia como sinónimo de Hymenachne.

Especies En novembro de 2024, aceptábanse dentro deste xénero as seguintes especies:"Hymenachne P.Beauv." Plants of the World Online. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 24-11-2024.GRIN Species Records of Hymenachne. Germplasm Resources Information Network (GRIN) Hymenachne amplexicaulis (Rudge) Nees Antillas; e desde México a Uruguai; naturalizada en Australia, partes de Asia e a Florida Hymenachne assamica (Hook.f.) Hitchc. - China, Assam, Myanmar, Tailandia Hymenachne aurita (J.Presl ex Nees) Balansa Hymenachne bresolinii (L.B.Sm. & Wassh.) Zuloaga Hymenachne condensata (Bertol.) Chase Hymenachne donacifolia (Raddi) Chase - Cuba, Porto Rico, Trindade; e desde Honduras a Paraguai Hymenachne felliana (B.K.Simon) Zuloaga Hymenachne grandis (Hitchc. & Chase) Zuloaga Hymenachne grumosa (Nees) Zuloaga - Paraguai, Uruguai, Brasil, Arxentina Hymenachne harleyi (Salariato, Morrone & Zuloaga) Zuloaga Hymenachne leptachne (Döll) Zuloaga Hymenachne longa (Hitchc. & Chase) Zuloaga Hymenachne panduranganii J.Remya & Geethakum. Hymenachne patens L.Liu - China (Anhui, Fujian, Jiangxi) Hymenachne pernambucensis (Spreng.) Zuloaga - Paraguai, Uruguai, Brasil, Arxentina Hymenachne stagnatilis (Hitchc. & Chase) Zuloaga Hymenachne wombaliensis Vanderyst ex Robyns - República Democrática do Congo

Especies incluídas anteriormente (á dereita o nome actual) Hymenachne boiviniana – Panicum boivinianum Hymenachne campestris – Sacciolepis vilvoides Hymenachne fluviatilis – Sacciolepis vilvoides Hymenachne frondescens – Ocellochloa stolonifera Hymenachne indica – Sacciolepis indica Hymenachne interrupta – Sacciolepis interrupta Hymenachne leptostachya – Ocellochloa pulchella Hymenachne montana – Cenchrus mutilatus Hymenachne myosuroides – Sacciolepis myosuroides Hymenachne myosurus – Sacciolepis myuros Hymenachne myuros – Sacciolepis myuros Hymenachne phalarioides – Sacciolepis indica Hymenachne phleiformis – Sacciolepis myuros Hymenachne striata – Sacciolepis striata

Notas

Categoría:Poaceae