A operación Ranch Hand foi unha operación militar estadounidense durante a guerra de Vietnam que durou dende 1962 ata 1971. Inspirado en gran medida polo uso británico de produtos químicos 2,4,5-T e 2,4-D (axente laranxa) durante a Emerxencia Malaia na década de 1950, foi parte do programa xeral de guerra herbicida durante a guerra chamada Operación Tren Dust. Na Ranch Hand usáronse uns 72 000 m3 de desfoliantes e herbicidas en áreas rurais de Vietnam do Sur nun intento de privar ao Viet Cong de comida e vexetación. As áreas de Laos e Camboxa foron tamén fumigadas en menor medida. Segundo o goberno vietnamita, os produtos químicos causaron 400 000 mortes. O goberno dos Estados Unidos describiu estas cifras como "non fiables".

Foron voadas preto de 20 000 unidades entre 1961 e 1971. O lema dos "Ranch Handers" era "Only you can prevent a forest" ("Só ti podes evitar un bosque"), unha versión do popular slogan do Servizo Forestal dos Estados Unidos. Durante os dez anos de pulverización, 20 000 km2 de bosque e 2 000 km2 de cultivos foron gravemente danados ou destruídos. Ao redor do 20% dos bosques do sur de Vietnam foron pulverizados polo menos unha vez.

Os herbicidas foron pulverizados polos C-123 da Forza Aérea dos Estados Unidos usando a sinal "Hades". Os avións equipáronse con tanques de spray especialmente desenvolvidos cunha capacidade de 4 m3 de herbicidas. Un avión asperxía unha franxa de terra de 80 m de ancho e 16 km de longo nuns 4 minutos e medio, a unha velocidade duns 3 m3/km2. As patrullas normalmente consistían en tres ou cinco avións voando un a par do outro. O 95% dos herbicidas e desfoliantes usados na guerra foron fumigados pola Forza Aérea dos Estados Unidos como parte da operación Ranch Hand. O 5% restante foi pulverizado polo Corpo Químico dos Estados Unidos, outras ramas militares, e a República de Vietnam usando pulverizadores de man, camións de pulverización, helicópteros e barcos, principalmente ao redor das instalacións militares estadounidenses.

Notas

Categoría:Operacións militares Categoría:Historia de Vietnam