miniatura|Bandeira da Liga Árabe, cuxos estados teñen o árabe estándar moderno como lingua oficial. O árabe estándar moderno (MSA; en árabe: اللغة العربية الفصحى latinizado: , "a máis elocuente lingua árabe") é unha variante do árabe clásico que se desenvolveu artificialmente a partir do renacemento literario coñecido como Al-Nahda que experimentou o mundo árabe a partir da segunda metade do século XIX. O árabe literario ou estándar moderno xorde do intento realizado especialmente na zona oriental do Máshreq de revitalizar a lingua culta (cuxo nivel caera bastante desde a época clásica) e de evitar a completa fragmentación lingüística dos árabes en comunidades de falantes mutuamente inintelixibles (árabe dialectal).

O árabe estándar moderno é unha versión suavizada, máis sinxela e posta ao día en vocabulario e expresións, do árabe da literatura clásica árabe. Esta versión de árabe culto moderno é a que predomina nos medios de comunicación escritos e falados.

Véxase tamén Bibliografía Holes, Clive (2004) Modern Arabic: Structures, Functions, and Varieties Georgetown University Press. ISBN 1-58901-022-1

Categoría:Linguas estándares Categoría:Lingua árabe