miniatura|Vista do Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. miniatura|Regato nas Fragas do Eume.

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Lista de parques Os parques naturais galegos comezáronse a declarar a partir de 1978, co monte Aloia, e reguláronse cunha figura propia e conxunta en 2016. En 2019, Galicia contaba con seis parques naturais:

+ Nome Data de declaración Superficie (ha.) Baixa Limia - Serra do Xurés 11 de marzo de 1993 20.920 Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán 5 de xuño de 1992 996,25 Fragas do Eume11 de agosto de 1997 9.125,65 O Invernadeiro 5 de xuño de 1997 5.722 Monte Aloia 4 de decembro de 1978 746,29 Serra da Enciña da Lastra 3 de maio de 2002 3.151,67

As illas Cíes foron declaradas en 1980 como parque natural e declaradas, a canda as demais illas das Rías Baixas, como Parque Nacional das Illas Atlánticas.Norma RD 2497/1980 publicada no BOE/DOGa 15/11/1980 Aínda que o declarase o goberno central, e ao igual que os demais parques naturais, compételle xestionar este parque á comunidade autónoma galega.

Propostas Os seguintes espazos naturais galegos ou ben foron avaliados nalgún momento como posibles candidatos a declarar como parques naturais ou ben algunhas entidades ou grupos teñen reivindicaron a súa declaración: Os Ancares. Monte Pindo. "Serras do Courel e Enciña da Lastra" ou do "Courel".

Notas