Tatanka Wanbli Sapa Xila Sabe Means, nado en Chinle o 19 de febreiro de 1985, é un actor e cómico nativo americano. Ten ascendencia oglala lakota, omaha, yankton dakota e navagho. É coñecido polas súas interpretacións en Killers of the Flower Moon e na serie de televisión The Son.
Traxectoria Tatanka Means é un dos dez fillos do activista Russell Means (oglala lakota) e a súa muller. O seu pai, de mozo, foi un dos líderes influentes do American Indian Movement en 1970 e posteriormente, que levou a cabo grandes protestas para concienciar e educar á maioría dos estadounidenses sobre os problemas dos nativos americanos, as cuestións dos dereitos civís e a demanda da aplicación dos tratados e de ganancias de soberanía por parte das tribos recoñecidas federalmente.
Xa sendo maior, Means tivo unha carreira como actor. Russell Means apareceu en Tiger Eyes, interpretando o pai en pantalla do personaxe de Tatanka, que padece unha doenza terminal. Morreu pouco despois de rematar a rodaxe. Tatanka Means levou a urna do seu pai durante o funeral.
O nome completo de Means en lingua lakota, Tatanka Wanbli Sapa Xila Sabe, quere dicir "Aguia Búfalo Negra".
Criouse orixinalmente coa súa nai en Chinle, Arizona, na Nación Navagho, Means vive agora coa súa propia familia en Novo México. A súa muller, Christine Means, é instrutora de ioga. A parella ten unha filla. Means defende a sobriedade e o non consumo de alcol ou drogas.
Filmografía Cinema Ano Título Papel Notas 2008 The Burrowers Tall Ute Turok: Son of Stone Bridge Sentry Voice, direct-to-video A green check mark indicates that a role has been confirmed using a screenshot (or collage of screenshots) of a title's list of voice actors and their respective characters found in its credits or other reliable sources of information. 2011 More Than Frybread Buddy Begay Sedona Chuck 2012 Tiger Eyes Wolf 2013 The Host Seeker Hawke 2014 A Million Ways to Die in the West Apache 2015 Hybrids Lance Hatton Maze Runner: The Scorch Trials Joe Burning Bodhi Lucas 2016 Neither Wolf Nor Dog Delvin Shangri-La Suite Officer Gingrass 2023 Surrounded Scar Killers of the Flower Moon John Wren 2024 Horizon: An American Saga – Chapter 1 Taklishim Horizon: An American Saga – Chapter 2 2025 Opus Najee TBA Wind River: The Next Chapter Posprodución
Televisión Ano Título Papel Notas 2005 Into the West Crazy Horse Miniserie, 2 episodios 2008 Comanche Moon Slipping Weasel Miniserie, 2 episodios 2009 American Experience Nookau 1 episodio 2010 In Plain Sight Young Fighter 1 episodio 2010 Scoundrels Oscar Altsoba 1 episodio 2014 Banshee Hoyt Rivers 4 episodios 2014 Killer Women Police Officer Stan 1 episodio 2014–2015 The Night Shift Paramedic Gonzalez 4 episodios 2015 Saints & Strangers Hobbamock Miniserie, 2 episodios 2016 Graves Russell Pratt 1 episodio 2017 The Son Charges the Enemy Papel recorrente, 6 episodios 2020 FBI: Most Wanted Cody Sampson 1 episodio 2020 I Know This Much Is True Nabby Drinkwater Miniserie, 2 episodios 2020 The Liberator Private Otaktay Miniserie, 2 episodios 2022 Reservation Dogs Sam 1 episodio 2024 Ark: The Animated Series Mato Voz, 1 episodio 2024 Outer Range Officer Edgar 1 episodio
Videoxogos Ano Título Papel Notas 2018 Red Dead Redemption 2 Skinners Voz
Notas
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo lakota Categoría:Pobo navagho