miniatura|Parella de corvos espantando un bexato Buteo jamaicensis do seu niño. Corvus brachyrhynchos, xeralmente chamado corvo americano, é unha especie de ave paseriforme grande da familia dos córvidos que vive en América do Norte, onde é común. Estes corvos son os equivalentes do Novo Mundo do corvo viaraz e o corvo cincento de Eurasia; todos eles ocupan o mesmo nicho ecolóxico. Aínda que o corvo americano e o corvo cincento son moi similares en tamaño, estrutura e comportamento, as súas vocalizacións e aspecto visual son diferentes.

Do bico á cola, mide 40–50 cm, case a metade do cal é a cola. A súa envergadura é de 85-100 cm. A masa varía de 300 a 600 g, e os machos tenden a ser máis grandes que as femias. A plumaxe é negra, con plumas iridescentes. Parécese moito aos outros córvidos completamente negros. Son moi intelixentes e adaptables aos ambientes humanos. A súa chamada máis habitual soa como CaaU!-CaaU!-CaaU! Poden distinguirse do corvo grande (C. corax) porque os corvos americanos son máis pequenos e o bico é lixeiramente menos pronunciado; diferénciase do C. ossifragus porque os corvos americanos non encorvan e amolentan as plumas da gorxa cando fan as chamadas; e do corvo viaraz (C. corone) polo tamaño, xa que o corvo americano é máis grande e de constitución máis robusta.

Os corvos americanos son comúns, están moi espallados e son susceptibles ao virus do Nilo occidental, polo que son útiles como bioindicador para rastrear o espallamento do virus. A transmisión directa do virus dos corvos aos humanos é imposible.

Taxonomía e sistemática

Describiuno o ornitólogo alemán Christian Ludwig Brehm en 1822. O seu nome científico significa literalmente 'corvo de bico curto', do grego antigo βραχυ-, brachy-, 'curto-' e ρυνχος, rhynchos, 'bico'.

Unha análise xenética de 2012 do xénero Corvus feita por Knud A. Jønsson e colegas usando ADN nuclear e mitocondrial calcularon que o corvo americano diverxeu da liñaxe que deu lugar aos corvos torquatus, viaraz e cincento hai uns 5 millóns de anos.

Subespecies miniatura|Distribución do corvo do noroeste. O número de subespecies varía segundo a autoridade entre tres e cinco. A taxonomía pouco clara do corvo do noroeste, que previamente era unha especie de seu, complicou as determinacións das subespecies. As subespecies difiren na proporción de bico e forma grosso modo unha gradación clinal nordés-suroeste en tamaño por América do Norte. Estas aves son máis pequenas no oeste distante e na costa sur. C. b. brachyrhynchos (Brehm, 1822).– É a subespecie do leste, que vive no noroeste dos Estados Unidos, leste do Canadá e zonas próximas. É a subespecie nomeada e máis grande. C. b. hesperis (Ridgway, 1887).– É a subespecie do oeste, que vive no oeste do América do Norte excepto o norte do Ártico, o noroeste do Pacífico e o extremo sur. É máis pequeno, cun bico proporcionalmente máis delgadoGoodwin & Gillmor (1976): p. 87 e voz máis aguda. C. b. caurinus (Baird, 1858).– É a subespecie do noroeste, que vive nos bosques chuviosos temperados do Pacífico e era antes considerada unha especie distinta co nome C. caurinus, é máis pequeno como media que outros corvos americanos cunha chamada distintivamente máis áspera. Forma un enxame híbrido co corvo americano (sensu stricto) nas costas de Washington e Columbia Británica. A Sociedade Ornitolóxica Americana agrupou o corvo do noroeste co corvo americano en 2020. Agora considérase unha variación xeográfica dentro de C. b. hesperis. C. b. pascuus (Coues, 1899).– É a subespecie da Florida, que vive na Florida. É de tamaño medio e ás curtas, pero de patas e bico claramente máis longos. C. b. paulus (Howell, 1913).– É a subespecie do sur, que vive no sur dos Estados Unidos. É de tamaño máis pequeno e bico tamén pequeno.Goodwin & Gillmor (1976) p. 88.

Descrición miniatura|En Brooklyn, Nova York

É un corvo grande e distintivo de plumas negras iridescentes en todo o corpo. As patas, pés e bico son tamén negros. Miden 40–53 cm de lonxitude, dos cales a cola supón aproximadamente o 40 %. A corda alar é de 24,5 a 33 cm, cunha envergadura de 85 a 100 cm. A lonxitude do bico pode ser de 3 a 5,5 cm, variando moito segundo o lugar. O tarso é de 5,5 a 6,5 cm e a cola é de 13,5 a 19 cm. A masa corporal oscila entre os 316 e os 620 g. Os machos tenden a ser meirandes que as femias.Kilham, Lawrence. The American Crow and the Common Raven. p. 52American Crow, Life History, All About Birds – Cornell Lab of Ornithology. Allaboutbirds.org. Consultado o 03-08-2013. A súa chamada máis usual é un son alto, curto e rápido de tipo caau-caau-caau. Xeralmente o paxaro move a cabeza arriba e abaixo mentres fai a chamada. Poden tamén producir unha gran variedade de sons e ás veces imitan ruídos feitos por outros animais, incluíndo outras aves, como as avelaionas Strix varia.

A diferenciación visual con respecto ao C. ossifragus é extremadamente difícil e a miúdo pouco exacta. Non obstante, hai diferenzas ademais do tamaño. C. ossifragus adoita ter bico e patas máis delgados. Pode haber tamén un pequeno gancho na punta do bico de C. ossifragus. Os C, ossifragus tamén parece que teñen as patas máis curtas cando camiñan. Unha diferenza máis clara é que cando fan as chamadas, os C. ossifragus tenden a encurvar e amolentar as plumas da gorxa.

Se se ven voando a distancia a estimación dos tamaños non é fiable, a especie claramente meirande corvo grande (C. corax) pode distinguirse pola súa cola case con forma de rombo e a súa cabeza máis grande. Tamén amolentan as plumas da garganta cando fan as chamadas, o que só fan tamén os C. ossifragus. Os corvos grandes tamén planan durante longos períodos de tempo, a diferenza dos corvos pequenos, que raramente voan máis duns poucos segundos sen bateren as ás.

Os corvos son intelixentes. Teñen a mesma proporción de peso do cerebro respecto do peso do corpo que os humanos. Isto motivou algúns estudos que identificaron que os corvos son autoconscientes e que os corvos xoves tardan un certo tempo en aprenderen dos seus tolerantes pais. Mentres que o ser humano usa o neocórtex, o corvo usa unha área diferente do seu cerebro, o palio, para realizar tarefas similares.

A duración media da vida dun corvo americano na natureza é de 7 ou 8 anos. Exemplares en catividade chegaron a vivir 30 anos.

Distribución e hábitat

miniatura|Cranio dun corvo americano. A área de distribución do corvo americano esténdese desde o océano Pacífico ao Atlántico no Canadá, nas illas francesas de Saint-Pierre-et-Miquelon, e polo sur polos Estados Unidos e o norte de México. O aumento da superficie arborada nas Grandes Chairas durante o século XX debido á supresión dos incendios e á plantación de árbores facilitou a ampliación do rango de distribución deste corvoHouston S. 1977. Changing patterns of Corvidae on the prairies. Blue Jay 35:149–155. así como a expansión de moitas outras aves.Livezey KB. 2009a. Range expansion of Barred Owls, part I: chronology and distribution. American Midland Naturalist 161:49–56.Livezey KB. 2009b. Range expansion of Barred Owls, part 2: facilitating ecological changes. American Midland Naturalist 161:323–349.Livezey KB. 2010. Killing barred owls to help spotted owls II: implications for many other range-expanding species. Northwestern Naturalist 91:251–270. Virtualmente habita en todos os tipos de rexións, desde as áreas salvaxes, granxas, parques e bosques abertos ás vilas e cidades grandes; só está ausente na tundra, onde é substituído polo corvo grande. É un residente permanente na maior parte dos Estados Unidos, pero a maioría das aves canadenses migran certa distancia ao sur en inverno. Fóra da estación de nidificación, estas aves xúntanse a miúdo en grandes pousadoiros comunais pola noite (con miles e mesmo millóns de individuos).

O corvo americano foi rexistrado na illas Bermudas desde 1876 en adiante.

Comportamento e ecoloxía miniatura|Esqueleto (Museo de Osteoloxía). Estudar o comportamento deste corvo é laborioso debido á dificultade de capturalo para poñerlle unha banda, soltalo e volvelo capturar outra vez. Así, gran parte do seu comportamento, incluíndo a rutina diaria, migración, muda, supervivencia, idade da primeira reprodución, desenvolvemento da nidificación e a natureza das axudas recibidas na nidificación, seguen estando pouco estudados.

Dieta É omnívoro. Aliméntase de invertebrados de todos os tipos, prea, restos de comida humana, froitas, noces e améndoas, sementes, ovos e crías de aves, peixes varados nas ribeiras e diversos cereais. son cazadores activos e depredan ratos, coellos novos, ras e outros pequenos animais. No inverno e outono, a súa dieta depende máis de noces e landras. De cando en vez, visita os comedeiros para aves. É unha das poucas especies de aves que se observou modificando e utilizando ferramentas para obter comida.

Como a maioría dos corvos, buscan comida en vertedoiros de lixo, esparexendo o lixo durante o proceso. Se poden dispoñer de millo, trigo e outros produtos agrícolas, estes son os seus alimentos favoritos. Estes hábitos causaron historicamente que o corvo americano fose considerado unha molestia. Con todo, sospéitase que o dano aos cultivos é superado polo servizo que proporciona ao comer insectos que son pragas. miniatura|Un individuo emplumando do subtipo do noroeste.

Reprodución miniatura|Ovo de corvo americano n colección do Museo dos Nenos de Indianapolis. Socialmente son aves con reprodución cooperativa monógamas. As parellas reprodutoras forman grandes familias de ata 15 individuos nacidos en varias estacións reprodutoras que permanecen xuntos durante moitos anos.Roger Segelken: Tree-climbing researcher knows exactly how far the crow flies Cornell Chronicle. Consultado o 25 de outubro de 2006, A descendencia dunha estación reprodutora previa adoita ficar coa familia para axudar na crianza da nova proxenie. Non chegan á idade reprodutora ata polo menos os dous anos. A maioría non abandonan o niño para reproducirse ata os catro ou cinco anos.

A estación reprodutora empeza cedo, e algunhas parellas están chocando os ovos xa a inicios de abril. Constrúen niños de paus voluminosos, case sempre en árbores, pero ás veces en arbustos grandes e, moi raramente, no chan. Nidifican nunha gran variedade de árbores, como as grandes coníferas, aínda que tamén usan a miúdo os carballos. Poñen de tres a seis ovos e incúbanos durante 18 días. Os polos adoitan emplumar uns 3 días despois de faceren eclosión. Poden ser depredados principalmente no niño, onde os ovos e crías son comidos frecuentemente por serpes, mapaches, corvos grandes e gatos domésticos. É máis raro que sexan depredados os adultos, pero poden sufrir o ataque de aves como o Bubo virginianus, Buteo jamaicensis, falcón peregrino e aguias. Poden ser atacados por coiotes ou linces cando de forma pouco precavida están comendo prea, se ben é raro.Johnson, Ron American Crows . Internet Center for Wildlife Damage Management miniatura|Corvo con leucismo alimentando aos seus fillos. Aínda que os apareamentos entre parentes poden causar depresión por endogamia, é dicir, efectos negativos sobre a fitness da descendencia, algunhas especies prefiren malia todo a endogamia. O corvo americano sofre a depresión por endogamia (medida como a supervivencia dos polos emplumados) pero aínda así prefire a endogamia.

Virus do Nilo occidental