Mero ou Miro (en latín Mero ou Myro, en grego antigo ) foi unha poetisa do período helenístico nada en Bizancio. Foi a esposa de Andrómaco Filólogo e nai (aSuídas di que filla) do gramático e poeta tráxico Homero de Bizancio. Estivo activa a finais do século -IV e principios do século -III. Traxectoria Non se conserva case nada da súa obra. Ateneo de Náucratis cita dez versos do seu poema Μνημοσύνη (Mnemosyne) e consérvanse dous epigramas de catro versos na Grilanda de Meleagro. Tamén se sabe que escribiu un poema titulado Άραί (Maldicións), unha sinopse do mito de Alcínoo conservada por Partenio de Nicea e, finalmente, Eustacio de Tesalónica di que escribiu un himno a PoseidónMoero or Myro en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1109..

O fragmento conservado da Mnemosine de Mero conta a historia da infancia de Zeus en Creta, onde fora agochado pola súa nai Rea para salvalo de ser asasinado polo seu pai Cronos.

Mero parece ter sido moi famosa na Antigüidade. Antípatro de Tesalónica inclúea na súa lista de poetas famosos. A Grilanda de Meleagro sitúaa xunto a Safo e Ánite de Texea. Segundo Taciano, Cefisódoto, fillo de Praxíteles, esculpiuna. Dous epigramas sobre ela que se recollen na Antoloxía grega, un escrito por Ánite de Texea e o outro por Marco Arxentario, poden ser unha reelaboración dun poema perdido de Mero.

Notas

categoría:escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades de Bizancio na Antigüidade Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Poetas