miniatura|Unha das páxinas da Heimskringla. Chámase Heimskringla (O orbe do mundo) a unha colección de sagas históricas escritas en Islandia arredor dos anos 1225 - 1230 polo político, historiador, teórico literario e poeta Snorri Sturluson; tamén se coñece como Historias dos reis de Noruega (Nóregs konunga sǫgur).

O nome A palabra heimskringla, que tamén aparece no antigo nórdico occidental coas variantes heimens kringla e kringla heimens, significa o mesmo que o termo grego οἰκουμένη (oicuméne) e o latín orbis terrarum ou orbis terrae —do que posibelmente sexa un calco— é dicir, "a parte habitada polo ser humano". As palabras orbis terrae e orbis terrarum son utilizadas por primeira vez por Cicerón nos discursos Defensa de Publio Sestio («qui locus orbi terrae iam non erat alicui destinatus?»), Contra Verres («Catule, displiceat, cuius amplissimum orbi terrarum clarissimumque monumentum est, quam plurimos esse custodes monumentorum et putare omnis bonos») e Sobre a lei agraria («Ager Campanus [...] orbis terrae pulcherrimus» e «permittitur infinita potestas [...] orbis terrarum, gentiumque omnium»). Tanto orbis terrae/orbis terrarum como heimens kringla/kringla heimens designan o mundo, non como unha esfera, senón como un disco redondo ou circular, e isto non pode ser unha coincidencia. A conclusión máis lóxica consiste en asumir que a palabra nórdica foi creada a partir do modelo da palabra ciceroniana -ou latina- e revela, indirectamente, o grao de formación que tiña Snorri.

Trátase dunha colección de dezaseis contos que abarcan uns catro séculos de historia e que se centran nas vidas dos reis de Noruega, desde os inicios lendarios da dinastía sueca da Casa dos Ynglings ata a morte de Eystein Meyla en 1177.

Título O título provén da primeira frase dos Ynglingasaga:

Contido A Heimskringla contén as seguintes sagas:

Saga dos Ynglings. Título orixinal: Ynglingasaga. Saga de Halfdan o Negro. Título orixinal: Hálfdans saga svarta. Saga de Harald Beos Cabelos (morreu ca. 931). Título orixinal: Haralds saga ins hárfagra. Saga de Hakon o Bo (morreu ca. 961). Título orixinal: Hákonar saga góða. Saga do rei Harald Grafeld (morreu ca. 969). Título orixinal: Haralds saga gráfelds. Saga do rei Olaf Tryggvason (morto en 1000). Título orixinal: Óláfs saga Tryggvasonar. Saga de Olaf Haraldson (morto en 1030). Título orixinal: Óláfs saga Haraldssonar, ou Óláfs saga ins helga. Saga de Magnus o Bo (morto en 1047). Título orixinal: Magnúss saga góða. Saga de Harald o Severo (morto en 1066). Título orixinal: Haralds saga harðráða. Saga de Olaf o Pacífico (ou o Tranquilo) (morto en 1093). Título orixinal: Óláfs saga kyrra. Saga de Magnus, o Descalzo (morto en 1103). Título orixinal: Magnúss saga berfœtts. Saga de Sigurd, o cruzado (morto en 1130) e os seus irmáns. Título orixinal: Sigurðar saga Jórsalafara ok brœðra hans ou Magnússona saga. Saga de Magnus o Cego (destronado en 1135). Título orixinal: Magnus saga blinda. Saga de Sigurd (morto en 1155), Eystein (morto en 1157) e Inge (morto en 1161), fillos de Harald. Título orixinal: Inga saga Haraldssonar ou Saga Inga konungs ok brœðra hans. Saga de Hakon Anchas Espaldas (falecido en 1162). Título orixinal: Hákonar saga herðibreiðs. Saga de Magnus Erlingsson (morto en 1184). Título orixinal: Magnúss saga Erlingssonar.

Manuscritos A Heimskringla chegou ata nós en numerosos manuscritos, tanto completos como parciais, entre os que destacamos:

AM 35, folio. SKB 18, fol., papel. AM 37, fol. AM 39, fol.

Explicación das siglas:

AM: Bibliotheca Arnamagnæana de Copenhagen. SKB: Stockholms Kungliga Biblioteket (= Sveriges Nationalbibliotek) de Estocolmo.

A versión contida nos manuscritos AM 35 é unha copia en papel realizada na segunda metade do século XVII dun orixinal en pergamiño, coñecido como Kringla, que pertencía á Biblioteca da Universidade de Copenhague e que, coa excepción dunha soa folla, foi queimada no Gran Incendio de Copenhague en 1728. A folla que se salvou conservouse na Biblioteca Real de Estocolmo coa sinatura Cod. Holm. Isl. Perg. fol. nr. 9. O rei Carlos XVI Gustavo de Suecia entregouna ao presidente de Islandia, Kristján Eldjárn, o 10 de xuño de 1975. Desde entón, consérvase no Landsbókasafn de Reiquiavik.

A versión contida no manuscrito SKB 18 fol., pap. da Biblioteca Real de Estocolmo, foi feita a partir do manuscrito en pergamiño Kringla do islandés Jón Eggertsson (transferido en 1689); ao final da copia, indícase que esta foi completada o 27 de xaneiro de 1682.

A versión contida no manuscrito AM 37 fol. é unha copia en papel do pergamiño orixinal coñecido como Jöfraskinna. Este orixinal perdeuse coa excepción de catro follas, que se conservan actualmente na Biblioteca Real de Estocolmo, unha folla en Copenhague e media folla no Norske Riksarkiv de Oslo. A copia en papel foi realizada por Jens Nielssön (falecido en 1600) entre 1567 e 1568. Existe outra copia en papel, AM 38 fol., completada por Ásgeir Jónsson en 1698.

Finalmente, a versión contida no manuscrito AM 39 fol. está formada por unha colección de 49 fragmentos, a maioría dos séculos XVII e XVIII, que o propio Arni Magnússon recolleu de diversas fontes.

Edicións Heimskringla eller Norges Kongesagaer af Snorre Sturlassøn, udgivne ved Carl Rikard Unger. Christiania: trykt hos Brøgger & Christie, [1864-]1868. (Det Norske Oldskriftselskabs Samlinger. Bd. Nr. 4, 7, 9 og 10). Heimskringla eða Sögur Noregs konunga Snorra Sturlusonar. Ed. a cura de Nils Linder e H. A. Haggson. 3 volumes. Uppsala: W. Schultz' Boktrykkeri, 1869-1872. Finnur Jónsson: Heimskringla - Nóregs konunga sǫgur af Snorri Sturluson. Udgivne for Samfund til udgivelse af gammel nordisk litteratur ved Finnur Jónsson. Catro volumes. København: S. L. Møllers Bogtrykkeri, 1893-1901 (SUGNI -. Vol. 23) Snorri Sturluson - Heimskringla. Bjarni Aðalbjarnarson gaf út. Tres volumes. Reykjavík: Hið Íslenzka Fornritafélag, 1941-1951 (Íslenzk Fornrit, Bd. 26-28). STURLUSON, Snorri / LAGARDA, Ferran (2020). Heimskringla. La epopeya vikinga de Sigurd el Cruzado, terror de Menorca, conquistador de Sidón, rey de Noruega. Alfajarín: 2020.

Véxase tamén

Ligazóns externas Versión orixinal en nórdico antigo occidental Edición escolar da Netútgáfa Heimskringla - Texto en islandés, noruegués e inglés Tradución ao inglés de Samuel Laing Categoría:Lingua nórdica antiga Categoría:Libros do século XIII Categoría:Historia de Noruega