Günther Probszt (a partir de 1918 Günther Freiherr Probszt von Ohstorff), nado en Graz o 30 de outubro de 1887 e finado en Viena o 23 de xullo de 1973, foi un numismático e erudito austríaco.
Traxectoria
Primeiros anos Günther Probszt naceu en Graz o 30 de outubro de 1887, fillo do que máis tarde chegaría a ser xeneral imperial e real de Infantaría e conselleiro privado Emil Freiherr Probszt von Ohstorff (1838-1913), e da súa esposa Marianna Gasteiger von Rabenstein (1853-1888), finada esta pouco despois do nacemento de Günter, polo que foi criado no ambiente militar da súa familia paterna, marcado pola disciplina.Tremel, F. (1967). Páxina 7.
Carreira militar Logo da súa graduación en educación secundaria en 1905, ingresou na academia militar de Wiener Neustadt, e xa en 1908 acadou o rango de tenente, o que motivou o seu traslado a Viena.Tremel, F. (1967). Páxinas 7-8. Participou na primeira guerra mundial como oficial de húsares, e logo da caída da monarquía en 1918, abandonou a súa curta carreira militar co rango de capitán de Cabalaría.Tremel, F. (1967). Páxina 8.
Erudito e numismático Na súa etapa militar, Probszt cultivara amizades con destacados homes das artes e das letras que tamén participaran na campaña europea, que fomentaron os seus intereses culturais. Xa na vida civil, matriculouse nun instituto privado, iniciou unha colección de moedas e comezou coas súas primeiras publicacións numismáticas, na revista Blätter für Münzfreunde» ("Revista para coleccionistas de moedas").
Probszt decidiu entón iniciar a súa formación universitaria, e matriculouse na carreira de Historia e Historia da Arte na Universidade de Viena, na que en 1920 acadaría o seu doutoramento. Posteriormente ingresou no Instituto de Investigación Histórica Austríaca, onde coincidiu con grandes investigadores da historiografía do seu tempo. Durante esta etapa continuou coas súas publicacións de artigos e colaboracións sobre asuntos numismáticos.Tremel, F. (1967). Páxinas 8-9.
As penurias económicas da posguerra e as dificultades para acadar un posto fixo como investigador obrigaron a Probszt a procurar un emprego alleo á erudición, e en 1924 atopou traballo como director da oficina de recursos da Facultade de Medicina da Universidade de Viena, unha dedicación que lle proporcionaba sustento, mais que o arredaba do ambiente cultural e científico. Así e todo, isto non impediu que continuase coas súas publicacións en revistas especializadas, como Wiener Numismatische Zeitschrift. A súa vinculación coa Facultade de Medicina levouno tamén a publicar algúns artigos sobre temática médica, como "Malaria im Mittelalter" ("A malaria na Idade Media") ou "Die sani tären Verhäl tnisse in Wien vor und während der Türkenbelagerung 1683" ("As condicións sanitarias en Viena antes e durante o asedio turco de 1683").Tremel, F. (1967). Páxina 10.
A chegada da segunda guerra mundial levou consigo a instauración dun réxime co que non se identificaba e que afectou negativamente o seu traballo. Nos anos posteriores á guerra sufriu un infarto de miocardio do que se recuperou axiña, máis que o obrigou a cesar na súa actividade laboral na universidade. Coa axuda do seu amigo o profesor Fritz Dworschak, un recoñecido numismático do momento, acadou un novo emprego no centro de custodia das coleccións numismáticas que foran confiscadas polo réxime nazi, un posto no que podería aproveitar os seus profundos coñecementos sobre historia e sobre numismática adquiridos durante as décadas anteriores. Con todo, no exercicio do seu cargo viuse implicado nun conflito fronteirizo entre Austria e Eslovaquia que o levou a pasar unha tempada en prisión neste último país, ata que finalmente foi liberado e en 1947 acadou o permiso para regresar ao seu país.Tremel, F. (1967). Páxina 11. Na súa volta a Austria, foille imposible instalarse novamente en Viena, xa que perdera todas as súas pertenzas nesa cidade, e, logo dunha efémera estadía en Linz, en 1948 fixou a súa nova residencia en Stainz e finalmente en 1950 retornou á súa vila natal de Graz, en Estiria.Tremel, F. (1967). Páxinas 11-12.
En Graz achou a tranquilidade que perdera desde o inicio da guerra, e retomou as súas investigacións numismáticas, iniciada xa a sexta década da súa vida. Nese momento pasou a ser membro da Comisión Histórica do Sueste de Alemaña.Tremel, F. (1967). Páxina 14. A pensión da que vivía coa súa muller viuse complementada polo seu labor á fronte do comercio numismático Lanz, que collera arrendado e ao que dotou dunha nova perspectiva máis científica. Foi a partir deste momento cando comezou a publicar os seus traballos monográficos máis sobranceiros.Tremel, F. (1967). Páxina 12.
Aínda que partindo, coma sempre, do estudo das moedas e, nalgunhas ocasións, das medallas, nesta derradeira etapa Probszt ocupouse sobre todo da historia do diñeiro e da historia económica e do comercio, sinaladamente na actividade das casas de moeda da antiga monarquía e na subministración do metal necesario para a cuñaxe das moedas. Estudou en profundidade as chamadas cidades mineiras da baixa Hungría, para o que lle resultou de moita utilidade o seu coñecemento da lingua húngara, xa que iso lle permitiu consultar e avaliar a abundante bibliografía publicada nesa lingua.Tremel, F. (1967). Páxinas 13-14.
Ao longo da súa carreira, Günther Probszt foi membro de diversos organismos internacionais, como a Comisión Internacional de Ciencias Militares e Históricas. Tamén pertenceu a outras entidades académicas e sociedades eruditas, entre elas a Sociedade Numismática Austríaca e a Asociación Histórica de Estiria.Tremel, F. (1967). Páxinas 15-16.
Vida persoal Günther Probszt casou o 28 de marzo de 1931 con Anna Hradetzky, con quen tivo un fillo e unha filla.
Probszt finou en Viena o 23 de xullo de 1973.
Recoñecementos
1962: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at). 1963: Membro de honra da Asociación Histórica de Estiria. 1967: Premio Erzherzog-Johann, do Goberno rexional de Estiria.
Publicacións Estes son algúns dos traballos máis representativos publicados por Günther Probszt ao longo da súa traxectoria:"Günther Probszt (1887-1973). Bibliographie in Auswahl". Coingallery.de
Monografías (1927). Friedrich von Amerling. Der Altmeister der Wiener Porträtmalerei. Amalthea, Zürich. 1927. (1954). Quellenkunde der Münz- und Geldgeschichte der ehemaligen Österreichisch-Ungarischen Monarchie. Akademische Druck- und Verlags-Anstalt, Graz (sous apéndices, en 1960 e 1963). (1959). Die Münzen Salzburgs. Association Internationale des Numismates Professionnels. (1966). Die niederungarischen Bergstädte. Ihre Entwicklung und wirtschaftliche Bedeutung bis zum Übergang an das Haus Habsburg (1546). Oldenbourg, Mínich. (1971). Die Porcia. Aufstieg und Wirken eines Fürstenhauses. Geschichtsverein für Kärnten, Klagenfurt. (1973). Österreichische Münz- und Geldgeschichte. Von den Anfängen bis 1918. Böhlau, Viena. ISBN 3-205-08061-0.
Artigos
(1921). "Das Grazer Münzhaus 1573 bis 1782". En Numismatische Zeitschrift. Vol. 54. Páxinas 19-53. (1922). "Der Münzbetrieb in Innerösterreich von 1564 bis 1620". En Numismatische Zeitschrift. Vol. 55. Páxinas 17-88. (1957). "St. Daniel in Kärnten". En Der Anschnitt. Zeitschrift für Kunst und Kultur des Bergbaues. Vol. 9. Nº 6. Páxinas 15-19. (1964). "Das Gefecht bei Lambach 1805". En Oberösterreichische Heimatblätter. Vol. 18. Nº 1/2. Páxinas 54-56. (1965). "Die Linzer Jahrmärkte im Spiegel der Reichs-Münchsgesetzgebung". En Historisches Jahrbuch der Stadt Linz. 1965. Páxinas 43-48. (1969). "Lazarus, Grosshändler". En Neue Deutsche Biographie. Vol. 8, Duncker & Humblot, Berlín. Páxinas 517-518. ISBN 3-428-00189-3
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Saria, B. (1967). "Günther Frh. v. Probszt-Ohstorff zur Vollendung des 80. Lebensjahres". En Südostdeutsches Archiv. Vol. 10. Páxinas 235-236.
Tremel, F. (1967). "Günther Probszt-Ohstorff". En Die windisch-kroatische Militärgrenze und ihre Vorläufer. Festgabe für Günther Probszt-Ohstorff. Zeitschrift des Historischen Vereines für Steiermark. 15, Graz. Páxinas 7-16.
Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Nados en Graz Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Militares de Austria Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Graz Categoría:Personalidades sen imaxes