O Kiekko-Ahma Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Valkeakoski, Finlandia. Fundouse en 2025 e compite na terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Suomi-sarja. Xoga os seus partidos como local no Jäähalli Wareena, un pavillón con capacidade para 1 400 persoas.

Historia O Kiekko-Ahma debutou na terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés o 20 de setembro de 2025 no Jäähalli Wareena de Valkeakoski recibindo o Ilves Naiset Akatemia. O primeiro partido oficial do equipo saldouse cunha vitoria por 6-2 ante o equipo de Tampere e o primeiro gol do Kiekko-Ahma foi obra de Heidi Viitamäki a pase de Oona Mäkinen para poñer o 1-1 no marcador.

O 22 de febreiro de 2026 o equipo proclamouse campión do grupo 1 da Naisten Suomi-sarja logo de derrotar o HIFK GH por 7-3 na casa.

Pavillón miniatura|dereita|Interior do Jäähalli Wareena.

As Kiekko-Ahma Naiset xogan os seus partidos como locais no Jäähalli Wareena, un pavillón construído en 1998 e con capacidade para 1 400 persoas. A pista de xogo ten unhas dimensións de 28x58 metros.

Entre os seus servizos, o pavillón ten unha cafetería, oito vestiarios e sauna.

Personalidades Adestradores O adestrador do Kiekko-Ahma Naiset na súa primeira tempada foi Niko Karhunen.

Adestradores do Kiekko-Ahma Nome(s) Período Niko Karhunen 2025-

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Kiekko-Ahma

Ligazóns externas Sitio web do Kiekko-Ahma

Categoría:Kiekko-Ahma Naiset Categoría:Pirkanmaa