JoAnna M. Cochenet, nada en West Allis (Estados Unidos) o 14 de novembro de 1985, é unha violinista, música, compositora e directora de orquestra estadounidense.
Biografía Naceu o 14 de novembro de 1985 en West Allis no condado de Milwaukee (Wisconsin, EEUU). Asistiu ao instituto West Allis Central High School (West Allis).
Estudou o grao en música (Bachelor of Music) na universidade Coe College de Cedar Rapids (Iowa, EEUU) (2004-2008). Posteriormente, obtivo un máster en música (Masters in Music) en dirección de orquestra e viola na Universidade de Wisconsin-Milwaukee en 2010, coa tese de máster «From Score Selection to the Performance: Teaching from the Podium – Discussion and Analysis of Works by Copland, Schubert, Kimber, Vivaldi, Vaughan-Williams, and Kilar».
Obtivo o doutoramento en artes musicais (DMA) en dirección de orquestra na Universidade de Nevada en Reno (Reno) en 2024, coa tese «The Sound of Struggle: A Study and Comparison of Expressive Musical Features from Works by "Dweller" Composers (1933-1956)».
Cochenet formouse en dirección de orquestra con mentores como Jorma Panula, Dwight Oltman, Markand Thakar, Diane Wittry, Harold Farberman, Thomas Wilkins, Cristian Măcelaru, Kenneth Kiesler e Philip Lasser, entre outros.
Traxectoria Como directora de orquestra, Cochenet dirixiu diferentes orquestras en Estados Unidos ou Ucraína, como a Orquestra Nacional Presidencial de Ucraína, a orquestra de cámara Baltimore Chamber Orchestra de Baltimore, a orquestra Bard Conductors Institute Orchestra, a Orquestra Sinfónica de Omaha (Omaha), a orquestra sinfónica Mason Symphony Orchestra (George Mason University) ou a University of Wisconsin-Milwaukee Orchestra.
Na tempada 2015-2016, Cochenet dirixiu a orquestra de corda Northeast String Orchestra de Nova York.
No outono de 2021 foi elixida directora membro da orquestra sinfónica Allentown Symphony Orchestra de Allentown (Pennsylvania, EEUU).
En 2022 Cochenet dirixiu a orquestra sinfónica UNR Symphony Orchestra da Universidade de Nevada en Reno (Reno), dirixindo distintas pezas do compositor estadounidense Erich Korngold. En 2023 Cochenet foi unha das directoras do concerto de honra da orquestra sinfónica UNR Symphony Orchestra da Universidade de Nevada en Reno, dirixindo a Abertura do festival académico de Brahms.
En 2023 Cochenet exerceu como directora da ópera Acis e Galatea de Händel na ópera de cámara Nevada Chamber Opera. En 2023 tamén foi directora adxunta da Frauta Máxica de Mozart no Prague Summer Nights. No verán de 2023 foi directora invitada do concerto Broadway and Beyond Concert da Accord Symphony Orchestra.
En 2023 foi seleccionada como directora participante plena no 7º programa anual Cascade Conducting en Tacoma (Washington, EEUU), tendo como mentora á directora de orquestra británica Sarah Ioannides. En xuño de 2024 dirixiu a orquestra con óbra Sinfonía n.º 2 de Beethoven no concerto final do programa anual.
A finais de 2024, Cochenet desempeñouse como directora adxunta da Orquestra Sinfónica de Bainbridge (BSO) (Bainbridge Island, Washington), durante a tempada 2024-2025.
Como violinista e violista, Cochenet tocou, entre outras, coa Orquestra Sinfónica de Omaha, a Orquestra de Cámara de Washington, a Orquestra Filharmónica dos Mundos Distantes e a Orquestra Sinfónica de Olympia. Tocou coa Orquestra de Cámara de Washington de Washington D. C. (EEUU) como viola na tempada 2020-2021, baixo a dirección do director coreano-estadounidense Jun Kim.
Ademais da dirección de orquestra, Cochenet tamén imparte docencia de música na universidade. Foi profesora de historia e literatura da música na Facultade de Música da Universidade George Mason. Así mesmo foi profesora axudante na Universidade de Nevada en Reno (Facultade de Música). Tamén impartiu docencia na Escola de Música Levine. Desde 2021 imparte docencia na Facultade de Música da Northern Virginia Community College (NVCC).
Cochenet é membro da Alianza Internacional de Mujeres na Música.
Vida privada Está casada co director de orquestra Juan Gallastegui.
Publicacións
"Clinic Ideas for Your Ensemble or Organization", The Bridge, Newsletter of the New York Chapter of American String Teachers Association, 2015. "The Dilemma of (and Solutions for) Trying to Be Creative", American String Teacher Journal, 2015. "A Woman Leading An Orchestra", Women in Higher Education, Vol 24, Issue 2, 2015.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Directores de orquestra dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Estados Unidos de América