Arquelao (en latín: Archelaus, en grego antigo: Ἀρχέλαος) foi un xeógrafo grego que escribiu unha obra na que describía todos os países que Alexandre o Grande atravesara, segundo Dióxenes Laercio.Dióxenes Laercio. Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres II, 17.
Traxectoria Suponse que era contemporáneo de Alexandre e que o tería acompañado nas súas expedicións, pero a obra perdeuse e non se pode dicir nada con certeza. Tampouco se sabe se é o mesmo Arquelao de quen Valerio Harpócrates cita unha obra sobre Eubea. Plutarco e Estobeo tamén citan un libro sobre ríos e pedras dun certo Arquelao, quizais este.Archelaus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 261.
Notas
categoría:escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xeógrafos da Antigüidade