Barbara Jean Gregory, nada en Geneva, New York, o 14 de marzo de 1954, é unha editora e numismática estadounidense.Smith, P. (2012).

Traxectoria

Bárbara J. Gregory cursosu estudos superiores de Lingua Inglesa na Alfred University,"The Numismatist Editor-in-Chief Barbara Gregory to Retire". En Coins Weekly. 30 de abril de 2020. de Nova York, onde se graduou en 1976.

En 1980 iniciou a súa carreira editorial como ilustradora médica asistente na Universidade de Rochester, Nova York, e como editora axudante da publicación Aeronautics Digest, publicada pola Academia das Forzas Aéreas dos Estados Unidos en Colorado Springs, Colorado.

A partir de 1981 comezou a súa vinculación laboral coa American Numismatic Association (ANA) como asistente editorial, e en 1985 pasou a ser editora de produción. En 1988 converteuse na primeira muller editora da principal publicación periódica desta entidade, The Numismatist, e en 1990 foi nomeada editora xeral de todas as súas publicacións, posto que ocupou ata a súa xubilación en 2020.

Á parte da súa vinculación á ANA, Gregory tamén é membro do Numismatic Literary Guild, que en 2004 a nomeou "embaixadora numismática", ademais de horala con outros galardóns.

Logo da súa xubilación na ANA, en 2022 foi nomeada editora de The Centinel, a revista da Central States Numismatic Society."Barbara Gregory is the New Editor of The Centinel". En Coins Weekly. 20 de xaneiro de 2022.Giggs, W. T. (2021). "Barbara Gregory takes the helm of CSNS journal". En Coin World. 9 de decembro.

Á marxe do seu labor editorial, Gregory é coleccionista de medallas deseñadas polo medallista Jacques Wiener e, ademais, medallas relacionadas co entretemento e a cinematografía.

Recoñecementos

2004: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2006: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 2021: Incluída no Salón da Fama da American Numismatic Association (ANA)."Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Assiciation (Money.org). 2023: Premio Elvira Clain-Stefanelli Memorial, da ANA."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association."Barbara J. Gregory, Others Receive ANA Awards". En Coin Week. 14 de xullo de 2023.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Gregory, Barbara J(ean)". En American Numismatic Biographies. Páxina 185.

Ligazóns externas

CoinWeek Podcast: Numismatist Editor Barbara Gregory

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Alfred University Categoría:Editores Categoría:Personalidades sen imaxes