Victorino Díaz Hortas, nado en Mosteiro (Outeiro de Rei) o 21 de maio de 1910 e finado en Gusen o 6 de xaneiro de 1942, foi un refuxiado galego da guerra civil española, deportado ós campos de concentración nazis.
Traxectoria De familia labrega, traballou no campo dende moi novo. Emigrou a Barcelona ó igual que seu irmán Aurelio, onde se encontraban cando estalou a guerra. Trala finalización da contenda, exiliouse en Francia xunto con seu irmán Aurelio. Foron apresados polo exército alemán trala caída de Francia. Victorino foi enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña) e seu irmán Aurelio primeiro ó Stalag VIII-C, en Zagan (Polonia) e despois ó Stalag XII-D, en Trier (Alemaña). O 24 de xaneiro de 1941 foi deportado ó campo de concentración de Mauthausen co número de prisioneiro 5 494. Traballou en condicións de escravitude ata que empeorou o seu estado de saúde. Considerado non apto para traballar, foi enviado ó campo de exterminio de Gusen co número de prisioneiro 11 840 onde perdeu a vida.
Recoñecementos Victorino e Aurelio Díaz Hortas foron dous dos 193 nomes lidos o 18 de febreiro de 2018 na homenaxe do Parlamento de Galicia ás vítimas galegas do réxime nazi, e polos "máis de 10 000 republicanos españois que foron deportados ós campos de concentración nazis coa colaboración do réxime fascista instaurado en España trala guerra civil".
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Outeiro de Rei Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña