Peter Craig Smith, tamén coñecido como Pete Smith, nado en Redwood Falls, Minnesota, o 24 de xuño de 1944, é un autor numismático estadounidense.
Traxectoria Aínda que naceu en Redwood Falls, Peter Smith pasou a súa infancia na localidade de New Ulm, no mesmo estado de Minnesota.Smith, P. (2012).
Logo da súa graduación na Universidade Estatal de Minnesota en Mankato en 1966, traballou en diversas escolas públicas de Minneapolis entre 1973 e 1989. Posteriormente traballou para o despacho de avogados Dorsey & Whitney (1993-2001) e para unha compañía dedicada ao comercio de moedas (2003-2018).
Smith é un estudoso da numismática, e entre as súas especialidades destacan as primeiras emisións de cobre dos Estados Unidos. Entre 1979 e 2007 exerceu como historiador do Early American Coppers Club. Tamén é membro do Numismatic Literary Guild e da Numismatic Bibliomania Society, en cuxa xunta directiva ingresou en 1997, actuando como presidente entre 2001 e 2007. Igualmente foi historiador, vicepresidente e finalmente presidente do Northwest Coin Club, e membro da xunta directiva da Token and Medal Society.
En 1996, Smith resultou premiado pola American Numismatic Association pola súa exposición titulada The Challenging Literature of A. M. Smith,The Challenging Literature of A. M. Smith. Exposición da American Numismatic Association. Denver, 17 de agosto de 1996. na convención que esta entidade organizou ese ano en Denver, Colorado."Smith Takes Top Honors in Exhibit Competition". En The Numismatist. Vol. 109. Nº 10. Outubro de 1996. Páxinas 1.176-1.179.
Recoñecementos
1996: premio Howland Wood Memorial, da American Numismatic Association. 2016: premio Glenn Smedley Memorial, da ANA."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 2017: Premio Robert Friedberg, do Professional Numismatists Guild (PNG).
Escolma de publicacións A maior parte das súas publicacións son en liña, accesibles e actualizadas periodicamente. Tamén mantivo unha columna no xornal The Numismatist, desde 1993 a decembro de 2002, titulada "Names in Numismatics".
(1985). "United States Turban Cents 1808-1814". En America’s Copper Coinage 1783-1857. Coinage of the Americas Conference Proceedings Nº 1. American Numismatic Society, Nova York. Páxinas 149-174. ISBN ISBN 0-89722-207-5 (1992). American Numismatic Biographies. Edición en liña [actualizada periodicamente desde a 1ª ed. en 1992]. (2017). 1792: Birth of a Nation’s Coinage (con J. J. Orosz e L. Augsburger). Ivy Press. ISBN 978-1633512986 (2022). Portrait Medals of American Numismatists 1867-2021. [actualizada periodicamente desde a 1ª ed. en 2022]. (2024). Personal Tokens and Medals of American Numismatists. Edición en liña [actualizada periodicamente desde a 1ª ed. en 2024].
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Smith, P. (2025). "Smith, Peter Craig "Pete"". En American Numismatic Biographies. Páxina 401.
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Minnesota, Mankato Categoría:Personalidades sen imaxes