Ichiko Hashimoto (en caracteres xaponeses ), nada o primeiro de xullo de 1952 na cidade de Kobe, prefectura de Hyōgo, é unha pianista xaponesa de jazz, pop-fusión, cantante, músico de sintetizador, compositora e actriz de cine e televisión.
Traxectoria Nada no núcleo urbano de Kobe, comeza a tocar o piano con cinco anos.
Na Universidade de Música Musashino inicia a súa carreira musical como pianista, vocalista e compositora. No ano 1981 forma o grupo de electrónica e pop-fusión Colored Music xunto a Atsuo Fujimoto, e publican un disco homónimo co selo nipón Better Days. O álbum foi re-editado en 2018 e o orixinal é considerado como unha copia de culto do xénero.
No Xapón, o seu talento e reputación son excepcionais dentro do jazz e a música avant-garde, na súa carreira foi contratada para arranxos e interpretacións pola Yellow Magic Orchestra, DJ Cloud, Sphinx, Kazumi Watanabe, Irene Schweizer, Samul Nori (grupo de percusión coreano) Macoto Tezka (artista visual) Han Bennink, Myra Melford, Gregg Bendian. Chegou a colaborar oficialmente en 20 discos no xapón entre o pop e a música clásica (como cos intérpretes de clásica Yuji Takahashi e Aki Takahashi).
As súas actividades musicais esténdense tamén á música contemporánea, mais inclúen moitos xéneros, como orquestra clásica, música electrónica e música de club.
En 1998, forma "the Trio" xunto a Atsuo Fujimoto e Nobuyoshi Ino. Tras o lanzamento de dous álbums con "the Trio" decide saír do Xapón e actuar a nivel internacional.
Como compositora é a autora da banda sonora do filme "HAKUCHI", dirixida por Macoto Tezka. Polo que recibiu o Premio Dixital no Festival de Cine de Venecia. E das cancións do anime "RAHXEPHON", do que tamén é actriz de dobraxe.
Como actriz de cinema ten papeis nas películas MNEMOSYNE (1991) e Whisper of the ammonite was heard (アンモナイトのささやきを聞いた) (1992).
Notas
Categoría:Pianistas do Xapón Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Nados na prefectura de Hyōgo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Actores do Xapón