O ducado de Spoleto foi un territorio longobardo independente fundado aproximadamente no 570 ao sur de Italia.

Historia 350px|miniatura|esquerda|O ducado de Spoleto polo ano 1000. O ano 568 os longobardos entraron na Península Itálica, ocupando gran parte dela. Crearon o reino longobardo con capital en Pavia e foi dividido en diversos ducados. Parte destes territorios situáronse ao sur do exarcado de Rávena, que aínda controlaba o emperador de Constantinopla. Un deles foi o ducado de Spoleto (na actual Umbría) onde entraron o 570. O interregno longobardo á morte do rei Alboíno deixou os duques independentes de feito e, na práctica, os ducados do sur (Spoleto e Benevento) tiveron un status de estado independente respecto aos reis longobardos, con breves períodos onde os reis puideron impoñer o seu poder.

Á sombra do ducado de Benevento, Spoleto mantívose nun segundo plano dentro da historia longobarda, pero nalgúns momentos os seus territorios eran importantes (Umbría, Lacio, as Marcas, e os Abruzzos). Cabe destacar as incursións que o duque Ariúlfo fixo contra os Bizantinos (579-592 contra Rávena; 592 contra Roma). Sucedeuno Teodelapo, fillo do primeiro duque Faroaldo I. Faroaldo II gobernou conxuntamente co seu irmán Waquilapo, e conquistou Classis, o porto de Rávena e saqueouno, pero o rei dos longobardos fíxolle restituír o botín. Faroaldo II foi derrubado polo seu fillo Transamundo ou Trasimundo II (724), que se sublevou contra o rei longobardo e se aliou co Papa Gregorio III, que o acolleu en Roma cando foi derrubado (739). Hilderico, que o substituíra, foi asasinado por Trasimundo, que recuperou o poder (740), pero o rei longobardo o depuxo e o enviou a un mosteiro (742) e nomeou duque a Axiprando, pero á morte do rei Liutprando, Trasimundo recobrou o ducado ata a súa morte o 745. Os reis longobardos ocuparon a miúdo o ducado persoalmente. Durante a segunda metade do século VIII diversos duques de Spoleto serían tamén reis dos longobardos.

Dous anos despois da caída do reino longobardo e da ocupación de Benevento, o propio ducado de Spoleto caeu en mans dos francos carolinxios de Carlomagno que tomara o título de rei dos longobardos. A pesar de que o territorio foi dado á igrexa, Carlomagno reservou o dereito de nomear os duques.

O duque Guido I que recibira ademais a señoría de Camerino, repartiu o ducado entre os seus fillos, Lamberto en Spoleto e Guido II en Camerino (con título de duque de Camerino). Lamberto loitou con sarracenos e bizantinos (867) e foi deposto o 871, pero restaurado o 875 e finalmente excomungado polo papa Xoán VIII. O 883 Guido II reuniu os feudos de Spoleto e Camerino.

Á morte de Carlos o Calvo o 888 Guido fíxose coroar emperador e rei de Italia polo Papa Estevo V (891) e no 892 o papa Formoso coroou ao fillo de Guido, Lamberto II, como duque, rei de Italia e emperador.

dereita|300px|Mapa da Italia bizantina e longobarda.

Alberico I, duque de Camerino (897) e despois de Spoleto (898), casou coa romana Marozia, a amancebada do Papa Serxio III (904-911), pero foi asasinado polos romanos o 924. O seu fillo Alberico II derrocou a Marozia en 932. O 949 o ducado foi ocupado polo rei de Italia e emperador Berengario II. O emperador Odón I segregoulle a terra chamada Sabina Longobardica e cedeuna ao Papa.

Desde entón o ducado foi de nomeamento imperial. O 967 Odón reuniuno ao ducado Benevento e Capua baixo Pandulfo chamado Testa di ferro (‘Cabeza de ferro’) pero á súa morte pasou a Transamundo IV ou Trasimundo IV, que foi duque de Camerino (982-989) e o 989 a Hugo duque de Toscana que o reuniu aos seus dominios ata o 999, e despois outra vez o 1010 (ata o 1020) e o 1043 (ata o 1057). O 1057 Godofredo de Lorena casou con Beatriz, viúva de Bonifacio de Toscana e Spoleto e permaneceu en posesión da casa de Toscana ata o 1158 (agás de 1093 a 1119 en que foi duque Werner II, margrave de Ancona, nomeado polo emperador durante a guerra das investiduras).

O 1155, Frederico I Barbarroxa destruíu a cidade pero foi reconstruída. O 1158 o ducado foi dado a Guelfo VI de Este. A partir de 1172 os duques nomeados polo emperador pertencían á casa alemá dos Urslingen. Á morte de Conrado de Urslingen o 1198 foi cedido ao Papa Inocencio III, pero o 1209 foi ocupado por Odón de Brunswick, que nomeou duque a Dipoldo de Vohburg. Finalmente o 1228 pasou ao Papa baixo un gobernador, xeralmente un cardeal. Aínda que a nivel local foi teatro de loitas entre güelfos e xibelinos, o cardeal Albornoz restaurou o pleno dominio pontificio o 1354.

O título de duque de Spoleto foi usado no século XIX pola casa de Savoia.

Listaxe dos Duques de Spoleto

Dependentes do reino dos Longobardos

Faroaldo I: 570-592. Ariúlfo: 592-602. Teodelapo: 602-650. Attón de Spoleto: 650-665. Transamundo I: (ou Trasimundo I) 665-703. Faroaldo II: 703-724. Transamundo II: 724-739 (ou Trasimundo II). Hilderico de Spoleto: 739-740. Transamundo II (segunda vez): 740-742. Axiprando: 742-744. Transamundo II (terceira vez): 744-745. Lopo de Spoleto: 745-752. Unnolfo de Spoleto: 752. Aistolfo de Friúl: (rei dos longobardos 749-756) 752-756. Ratchis de Friúl: (rei dos longobardos 744-749) 756-757. Alboíno de Spoleto: 757-759. Daufer ou Desiderio: (rei dos longobardos 756-774) 758-759.

Duques independentes

Xisulfo: 759-763 (duque independente). Teodicio ou Teodorico de Spoleto: 763-773 (duque independente). Hildeprando de Spoleto: 774-776.

Duques feudatarios do Reino dos Francos

Hildeprando de Spoleto: 776-788. Winixiso de Spoleto: 789-822. Suppón I: 822-824. Adelardo: 824. Mauringo: 824. Adelchis I de Spoleto: 824-834. Lamberto I de Nantes: 834-836. Berengario de Spoleto: 836-841. Guido I de Spoleto: 841-843.

Feudatarios de Lotarinxia (843-855) e do Reino de Italia

Guido I de Spoleto: 843-860. Lamberto I de Spoleto: 860-871. Suppón II: 871-874. Lamberto I (segunda vez): 875-879. Guido II de Spoleto: 876-882. Guido III de Spoleto: (rei de Italia e emperador 891-894) 880-894. Lamberto II de Spoleto: (rei de Italia e emperador 892-898) 894-898. Alberico I de Spoleto: 898-924. Bonifacio I de Spoleto: 923-928. Pedro de Spoleto: 924-928. Teobaldo de Spoleto: 928-936. Anscar de Ivrea: 936-940. Sarlione: 940-943. Huberto de Toscana: 943-946. Bonifacio II de Toscana: 946-953. Teobaldo II de Toscana: 953-959. Transamundo III (ou Trasimundo III): 959-967. Pandulfo Testa de Ferro: (Duque de Benevento 943-981) 967-981. Transamundo IV (ou Trasimundo IV) (Duque de Camerino) 982-989. Hugo o grande de Toscana: (Hugo I de Spoleto) 989-996. Conrado de Spoleto: 996-999. Ademar de Spoleto: 999-1003. Román de Spoleto: 1003-1010. Rainerio: (Marcas de Toscana 1014-1027) 1010-1020. Hugo II: 1020-1035. Hugo III: 1036-1043. Á Toscana: 1043-1056. Ao Papa: 1056-1057. Godofredo da Baixa Lorena: (Duque da Baixa Lorena) 1057-1070. Á Toscana: 1070-1082. Rainerio II: 1082-1086. Á Toscana: 1086-1093. Werner I de Spoleto: (Werner II, Margrave de Ancona) 1093-1119. A Toscana: 1119-1158. Guelfo de Este: 1158-1172. Ridelulfo de Urslingen: 1172-1183. Conrado de Urslingen: (Conrado II de Spoleto) 1183-1190. Pandulfo II: 1190-1195. Conrado de Urslingen (segunda vez): 1195-1198. Ao Papa: 1198-1222. Odón de Brunswick: 1209-1210. Dipoldo de Vohburg: 1210-1222. Bertoldo I de Urslingen: 1222-1228. Rainaldo de Urslingen: 1228-1230. Conrado II de Urslingen: (Conrado III de Spoleto) 1227-1267. Bertoldo II de Urslingen: 1251-1276. Rainaldo de Urslingen: 1251-1276 (segunda vez). Cardeais gobernadores: 1228-1860. Guidantonio I Montefeltro: 1419-1443.

Véxase tamén Outros artigos Longobardia Minor

Categoría:Ducado de Spoleto