William Alexander Chilton , nado en Menphis, Tennessee o 28 de decembro de 1950 e finado o 17 de marzo de 2010 en Nova Orleáns, Luisiana, foi un cantautor, guitarrista e produtor estadounidense. Compositor destacado no power pop americano, foi principalmente coñecido por ser membro das bandas de rock The Box Tops e Big Star.

Traxectoria

Fillo de Sidney Chilton, trompetista e pianista de jazz. Na súa adolescencia formou como cantante a banda de rock e blue-eyed soul The Box Tops, dentro dos que interpretou cancións como "The Letter" (producida polo famoso produtor de soul Dan Penn) que acadou o número un nas listas de escoitas nos Estados Unidos e Canadá, nun estilo único acadado por Chilton con harmonias de blue-eyed soul e ritmo de rock á voz. A canción foi cualificada no posto 372 das 500 mellores cancións da historia publicadas pola revista Rolling Stone. Uns anos despois lideraría os seminais Big Star xunto a Chris Bell, con tres discos de power pop reinvidicados como banda de culto pola súa influencia recoñecida para moitas outras bandas posteriores (REM, The Replacements, The Posies,...).

Cunha carreira en solitario posterior atopámolo en numerosas colaboracións con bandas no seu día emerxentes tocando nos seus discos clave (The Replacements) ou producíndoos (The Cramps); pero tamén en elepés rock propios de novo destacados pola crítica ("A Man Called Destruction" de 1995), traballos blues ("Cubist Blues" de 1996 xunto a Alan Vega e Ben Vaugh) ou traballos insigne da new-wave ("Like Flies On Sherbet" de 1980). Durante o 1982 múdase a Nova Orleans. No que se considerou o seu período perdido, sen xiras nin novo material discográfico, o músico púxose a tocar con bandas locais de versións buscando atopar un novo camiño musical e persoal.Chilton falece dun infarto de miocardio en marzo de 2010. Da súa vida en Nova Orleáns xorden os temas recuperados no álbum póstumo de 2019 "From Memphis To New Orleans", no que Chilton cambia a súa forma de cantar, do poderío rock a unha voz máis lixeira. O mesmo co seu son, precursor do low-fi dos noventa, no que se aprecia a súa busca da autenticidade dos sons de baixa produción.

Un segundo disco póstumo recompilatorio do músico foi publicado por Bar None Records en 2019, "Songs From Robin Hood Lane". A banda española Surfin' Bichos versionou o seu tema Jesus Christ-Jesucristo no ano 1993.

Discografía Solista 1978 - One Day in New York - (Trio; Art Union Records, 1991) 1979 - Like Flies on Sherbert - (Peabody) 1981 - Bach's Bottom - (Line; Razor & Tie, 1993) 1982 - Live in London - (Aura, 1982 UK) 1987 - High Priest - (New Rose/Big Time; Razor & Tie, 1994) 1994 - Clichés - (Ardent, 1994) 1995 - A Man Called Destruction - (Ardent, 1995) 1997 - Cubist Blues, con Ben Vaughn e Alan Vega - (Discovery; Last Call 2006) 1999 - Loose Shoes and Tight Pussy - (Last Call, 1999) 2000 - Set (Bar/None) (edizione USA di Loose Shoes LP) 2004 - Live in Anvers - (Last Call, 2004)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "The EMI Song (Smile For Me)",canción composta e interpretada por Alex Chilton que forma parte da re-edición do ano 2012 das The "1970" Sessions

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Cantantes de Tennessee