Twink é un termo gai inglés referido a homes homosexuais novos que apenas superaron a maioría de idade. Adoitan ser persoas con aspecto de adolescente ou adulto novo, con corpo delgado, ectomorfo, normalmente con pouco pelo corporal ou facial. O termo destaca tamén a feminidade dos homes que designa, considerados así, por norma xeral, os que exercen o rol pasivo nas relacións sexuais. Actualmente é un termo moi discutido, tanto no ámbito académico coma nas redes sociais. Por iso, dubídase das características que se lle poden atribuír e que define de maneira exacta a palabra, se é un tipo de corpo asociado a unha idade ou un estereotipo sexual. Historia e orixe miniatura|O produto de pastelaría de Hostess, twinkie. A orixe do termo twink en inglés é incerta, mais hai quen afirma que deriva do popular produto de pastelaría twinkie. Isto faría referencia ao tipo de corpo delgado, pequeno e suave, que pode ser enchido con "crema". Contrariamente ao que se cre, non xorde do retroacrónimo Teenage, White, Into Non Kink, frase que podería traducirse como adolescente, branco, sen perversións sexuais. Este termo é realmente a evolución doutros empregados desde finais do século XIX até 1950 como queens, fairies, pansies, poofs ou swishes. Todos estes eran utilizados para definir diferentes percepcións dos homes homosexuais. O termo twink resulta unha evolución do xa empregado con anterioridade chicken, que describía un home novo ou adolescente atractivo, que facía especial énfase na mocidade e a inocencia. Houbo un tempo en que ambos coexistiron, pero para a década de 1990 twink substituíu ao termo previo.
Uso alt=|miniatura|Na foto vese o mozo louro (centro), condutor do programa Naked Boy News, J. Son Dinant, considerado un twink, e a estrela porno Manuel Torres, no grupo de gais no Capital Gay Pride Parade, en Albany (Nova York) en xuño de 2009. Resulta unha especie de antónimo de oso, un home homosexual de complexión endomorfa que ten unha gran cantidade de pelo corporal. Este, a diferenza dos twinks, é claramente masculino, personificando a idea de home hexemónico.
Brian O'Flynn en resposta a unha declaración do New York Times's en 2018 publicou en i-D Magazine un artigo no que explica que os twinks son percibidos como obxectos de desexo sexual, examinando, por tanto, a perpetración de ideais heteronormativos da relación entre feminino e submiso con masculino e dominante. Max Micallef, doutra banda, critica o razoamento sexista e misóxino debaixo destas concepcións da feminidade dos twinks co rol pasivo e a submisión.
Empréganse distintas palabras para catalogar un twink e o seu tipo, podendo ser identificados como:
Beach twink ('twink de praia'): Son identificados pola cor bronceada da súa pel que compite co seu cabelo louro, poden ter físico desenvolvido. New West twink ('twink do Novo Oeste'): Son identificados pola súa forma de vestir ao estilo oeste ou vaqueiro. Street twink ('twink urbano'): Son identificados pola súa forma de vestir. Recorren á moda urbana do hiphop e o grunge. All-American twink: Son twinks de gran condición física que se identifican co cliché do quarterback popular e atractivo da escola preparatoria. Euro Twink (twink europeo'): Twink relacionado coa elegancia e o tradicionalismo da moda e estilo de vida en Europa. Muscle twink ('twink musculoso'): Twinks de gran desenvolvemento físico.
Notas
Categoría:LGBTIQ+