José González Vázquez, nado en Quintela (Redondela) o 24 de setembro de 1914 e finado en Gusen o 18 de xaneiro de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis. miniatura|200px|Stolperstein en memoria de José González Vázquez en Redondela.
Traxectoria Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 27 de xaneiro de 1941, e finalmente trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 18 de xaneiro de 1942.
Vida persoal Seu pai, Joaquín González Morais da Rocha, era orixinario da freguesía portuguesa de São Miguel do Prado, e súa nai, Regina Vázquez Fernández, era natural de Cedeira. Tiña un irmán, Álvaro, e dous medio irmáns por parte de nai, Serafín e Sabino. Sábese da existencia doutra irmá, María del Carmen. En 1920 a familia residía no número 47 do Quinteiro (Quintela, Redondela).
Recoñecementos O concello de Redondela, en colaboración co Colectivo Republicano de Redondela, colocou unha Stolperstein en memoria de José González Vázquez, así como en recordo de Antonio Piñeiro Otero, Olimpio Míguez Pazos e Alejandro Lafuente Pose, o único sobrevivente, todos eles orixinarios deste municipio, fuxidos do réxime franquista e deportados ós campos de concentración nazis. No acto conmemorativo presentouse o libro da historiadora María Torres De Redondela a Mauthausen, no que se relata a historia dos deportados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis