Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Varin
François Varin (ou Warin), nado en París o 6 de xaneiro de 1644 e finado despois de marzo de 1705, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas francés, que ocupou o cargo de gravador xeral de moedas desde 1672 ata 1681.
Traxectoria François Varin naceu en París o 6 de xaneiro de 1644,"Varin, François". Biographisches Lexikon der Münzmeister, Wardeine, Stempelschneider und Medailleure. Ludwig-Maximilians-Universität München (Mintmaster.geschichte.lmu.de). o segundo dos fillos de Jeanne Desjours e do sobranceiro medallista Jean Varin (1607-1672), con quen se formou na arte do gravado de medallasForrer, L. (1916). Páxina 183."Médaille représentant Louis XIV et sa devise attribuée à François Varin". En Le Magasin pittoresque. París. Xaneiro de 1874. Páxinas 238-240. O seu pai instalárase en París en 1626, procedente da súa Liexa natal.Souchal, F. "Warin ou Varin Jean (1604-1672)". En Encyclopædia Universalis.Forrer, L. (1916). "Warin, Jean II". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxina 361.
O 15 de decembro de 1672 herdou o cargo de gravador xeral de moedas de Francia,Mazerolle, F. (1932). Páxina 57. que ata agosto dese ano exercera o seu pai. Xa que logo, a François correspondeulle a responsabilidade de elaborar os cuños para as emisións monetarias a nome de Luís XIV (1643-1715) durante o seu período de exercicio do seu cargo."François warin". Numista.com Esta transmisión non estivo exenta de dificultades, xa que o testamento de Jean Varin prevía inicialmente desherdar o seu fillo «por unha falta vergoñenta» —casara sen o consentimento paterno—,"Jean Warin (de Liége). Son testament, annoté par M. Eudore Soulié". En, Archives de l'art français. T. 1. Dumoulin, París. 1852. Páxina 297. Mazerolle, F. (1932). Páxina 56. que finalmente lle foi perdoada in extremis.
O 27 de febreiro de 1673 resolveuse tamén, de xeito amigable, o contencioso que o enfrontaba co seu irmán Henri, pola herdanza do pai.Mazerolle, F. (1932). Páxina 58.
Como resultado dunha transacción económica entre el e Pierre Olivier, fillo de René Olivier, o 17 de decembro de 1672, Varin pasou a ocupar tamén o cargo de «mestre e garda-condutor dos enxeños da cuñaxe con muíño de Francia», e o 1 de marzo de 1674 acadou tamén o cargo de «controlador xeral de cuños e efixies», ambos os postos xa exercidos anteriormente tamén polo seu pai.
O 22 de novembro de 1681, unha sentenza do Consello do Rei suprimiu o seu nomeamento como gravador xeral por mor da perda de confianza nel por parte do rei, motivo polo que foi indemnizado con 10.000 libras, e o 5 de decembro de 1682 foi substituído por Joseph Roëttiers.Mazerolle, F. (1932). Páxina 59.
François Varin pasou a súa derradeira época en situación de penuria económica, polo menos a partir de 1696, ata o punto de lle pedir a Luís XIV unha asignación que lle permitise a súa subsistencia. En resposta, o Consello do Rei concedeulle o 29 de decembro dese mesmo ano a cantidade de 8.800 libras en concepto de reembolso de antigas débedas contraídas co seu pai durante o exercicio do seu cargo.Mazerolle, F. (1932). Páxinas 59-60. O 27 de marzo de 1705 consta unha nova asignación real, esta vez de 20.000 libras, tamén por pagamentos debidos a Jean Varin.Guiffrey, J. (1881). Comptes des bâtiments du Roi sous le règne de Louis XIV. Tomo IV. Imprimerie Nationale. Páxina 1.197.
Nas medallas creadas por François Varin amósanse as formas «F. WARIN» ou «WARIN» ou «FRANQOIS WARIN» a modo de marca de gravador.
Vida persoal En 1699, François Varin aparece en documentos como «señor de Forges» e como esposo de Jacqueline Gobillon desde o 25 de marzo de 1670. Non se lle coñece descendencia.Mazerolle, F. (1932). Páxina 60.
Descoñécese o momento do seu pasamento, aínda que tivo que ser posterior a marzo de 1705, data da derradeira constancia documental de que estivese vivo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Forrer, L. (1916). "Warin, François". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 183-187. Mazerolle, F. (1932). "La vie privée et la famille de Jean Varin". En Jean Varin, conducteur de la Monnaie du Moulin. Bourgey & Schemit, París. Páxinas 51-58.
Outros artigos
Gravador Xeral de Moedas de Francia
Categoría:Nados en 1644 Categoría:Finados en 1705 Categoría:Nados en París Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes