Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. Segundo o INE, en 2025 tiña 365 habitantes (167 homes e 198 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 488 habitantes.

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

Patrimonio histórico-artístico Igrexa de Santo Estevo de Sandiás miniatura|Igrexa de Santo Estevo de Sandiás. Nesta parroquia atópase a igrexa parroquial de Santo Estevo. Foi construída polo mestre de cantería Bartolomeu de Nosendo antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarém, ou a parroquial de Batalha.

O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador Xoán Fernández "O Mozo" e o escultor Francisco de Moure. Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

esquerda|miniatura|Misa na romaría do San Bieito da Uceira (Sandiás). A ermida de San Bieito da Uceira está no monte do mesmo nome, non lonxe da aldea. Foi construída a mediados do século XVIII (exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruída e ampliada. Dende o adro hai unha vista panorámica da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase a romaría na capela de San Bieito da Uceira, de gran tradición en toda a Limia.

Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento no centro da vila a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, o seu desecamento, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Lugares e parroquias Lugares de Sandiás

Parroquias de Sandiás

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sandiás

Categoría:Parroquias de Sandiás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo