Stevan Robert Harnad, no húngaro orixinal István Hernád, nado en Budapest o 2 de xuño de 1945, é un científico con cidadanía canadense, coñecido polas súas investigacións en intelixencia artificial e ciencia cognitiva. Foi profesor de Psicoloxía e antigo titular da Cátedra de Investigación do Canadá en Ciencias Cognitivas (2001-2015) na Universidade do Quebec en Montreal. Ademais, é profesor emérito de Electrónica e Informática na Universidade de Southampton.
Harnad é o fundador do arquivo CogPrints (Arquivo de Preimpresos Electrónicos nas Ciencias da Cognición) e da revista "Behavioral and Brain Sciences". Aínda que xa retirado da docencia segue a investigar e a liderar o movemento de Acceso libre, que loita pola dispoñibilidade de balde da literatura científica especializada en Internet.
Fixo importantes contribucións á filosofía da mente e da intelixencia artificial. É un especialista en categorización, comunicación e consciencia.https://eprints.soton.ac.uk/398024/ Harnad, Stevan (2016) Open Access Archivangelist: the last interview? CEON Otwarta Nauka (Open Science), Summer Issue. (In Press)
Traxectoria Obtivo a súa licenciatura (B.A.) en Psicoloxía no ano 1967 e a súa mestría (M.A.) no 1969 na Universidade McGill, no Canadá. Despois trasladouse á Universidade de Princeton, onde obtivo os títulos de mestría (M.A. 1971) e doutor (PhD 1991) en Psicoloxía. Os seus méritos avalárono para ser contratado como Catedrático de Investigación en Ciencia Cognitiva na Universidade do Quebec en Montreal (UQAM) e como Profesor de Ciencia Cognitiva na Universidade de Southampton, no Reino Unido. Tamén foi galardoado como membro externo da Academia Húngara de Ciencias, mérito do que renegou o 8 de outubro de 2016 en protesta pola cada vez máis "democracia iliberal" de Viktor Orbán.
O Doutor Harnad foi o fundador e editor (1978-2003) da afamada publicación Behavioral and Brain Sciences. Traballou como editor e membro do consello editorial de numerosas revistas, entre elas Psychology, PSYCHE, Consciousness and Cognition, Journal of Experimental and Theoretical Artificial Intelligence, Philosophy and Artificial Intelligence e Artificial Life. En 1998 fundou e comezou a moderar o Foro de Acceso Aberto da American Scientist.
A investigación do Doutor Harnad contribuíu de forma substancial ao Problema da Ancoraxe dos Símbolos (Symbol Grounding Problem), un problema fundamental na investigación da ciencia cognitiva e da intelixencia artificial.
Harnad é un pensador citado en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:
Recoñecementos
Foi galardoado cun doutoramento honorífico pola Universidade de Liexa en 2013.
Notas
Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en 1945 Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Nados en Budapest Categoría:Personalidades das ciencias sociais