Los domingos é un filme dramático de 2025 dirixido por Alauda Ruiz de Azúa e protagonizado por Patricia López Arnaiz, Mabel Rivera, Blanca Soroa, Nagore Aranburu e Miguel Garcés. Foi premiada coa Cuncha de Ouro do Festival Internacional de Cine de Donostia. Nos premios Goya de 2026 recibiu cinco galardóns: o de mellor filme, dirección, actriz secundaria, actriz protagonista e guión orixinal.
Argumento Conta a historia dunha moza de 17 anos, boa estudante e orfa de nai, que anuncia á súa familia que quere converterse en monxa de clausura, o que provoca conflitos dentro da súa familia. O seu pai mantense á marxe da súa decisión, mentres que a súa tía cre que a Igrexa a está manipulando.
Personaxes Blanca Soroa como Ainara Patricia López Arnaiz como Maite Nagore Aranburu Miguel Garcés Juan Minujín Mabel Rivera Guillermo Zani
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes gañadores da Cuncha de Ouro