Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Barre

Jean Auguste Barre , nado en París o 25 de setembro de 1811 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1896, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas francés, que exerceu o cargo de gravador xeral de moedas de Francia entre xaneiro e decembro de 1879.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Jean Auguste Barre naceu en París en 1811, o fillo máis vello de Marguerite Louise Augustine Nogaret (1788-1952) e do eminente gravador e medallista Jean Jacques Barre (1793-1855),Forrer, L. (1904).Forrer, L. (1930). de quen aprendeu a arte da medalla."Jean-Auguste Barre. 1811-1896". Wahoo Art (Wahooart.com)."Biographie: Jean-Auguste Barre (1811-1896)". Nella-buscot.com

Na súa xuventude, Jean Auguste continuou en 1826 a súa formación na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París, onde estudou co escultor Jean Pierre Cortot e do medallista David D'Angers.

Carreira artística e profesional miniatura|esquerda|Caricatura de Jean Auguste Barre, por Eugène Giraud (1866)."Les Soirées du Louvre: Jean Auguste Barre". Bibliothèque nationale de France (Catalogue.bnf.fr).|283x283px

A súa actividade artística principal foi a escultura, sinaladamente na modalidade de retrato. Participou adoito nas exposicións do Salón de París entre 1831 e 1886, inicialmente con medallas e moedas, e logo con obras escultóricas de maior tamaño.

As súas esculturas reflicten os trazos neoclásicos e románticos predominantes no século XIX en Francia, aínda que cun enfoque propio recoñecible.

O 1 de xaneiro de 1879 foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia, posto que ocupou ata o 31 de decembro dese mesmo ano."Jean-Auguste Barre". Numista.com

En 1852, Barre foi recoñecido polo rei como Cabaleiro da Lexión de Honra."Barre, Jean Auguste". Archives Nationales (Leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).

Vida persoal Jean Auguste Barre casou con Louise Anastasie Eugenie Gabrielle Bégin en París, o 13 de febreiro de 1841, con quen tivo un fillo chamado Eugène Raoul.

Barre finou en París o 4 de febreiro de 1896, aos 84 anos.

Obra Barre é particularmente salientable por ser un dos primeiros escultores franceses que creou miniaturas de persoeiros contemporáneos sobranceiros, desde monarcas como Napoleón III de Francia (1852-1870) ou Vitoria do Reino Unido (1837-1901), ata bailarinas como Fanny Elssler e Marie Taglioni ou activistas como a estadounidense Susan B. Anthony.

Ademais dos retratos, Barre tamén creou obras doutros xéneros, algunhas das cales están expostas en entidades tan significativas como o Louvre, o Museo de Arte de Cleveland ou o Museo Británico."Jean Auguste Barre". The British Museum (Britishmuseum.org). A súa contribución á arte funeraria está representada polo busto do seu amigo o escritor Alfred de Musset na súa tumba do cemiterio do Père Lachaise, en París.

Medalla e moeda

Escultura

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Forrer, L. (1904). "Barre, Jean Auguste". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol I. Spink & Son, Londres. Páxina 127. Forrer, L. (1930). "Barre, Jean Auguste". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. VII (Supl. 1). Spink & Son, Londres. Páxina 51.

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1811 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Medallas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra