En encimoloxía, unha tripanotión-disulfuro redutase () é un encima que cataliza a reacción química
tripanotión + NADP+ tripanotión disulfuro + NADPH + H+
Os dous substratos deste encima son o tripanotión e o NADP+, mentres que os seus tres produtos son o tripanotión disulfuro, o NADPH, e o H+.
Este encima pertence á familia das oxidorredutases, especificamente as que actúan sobre un grupo de xofre de doantes con NAD+ ou NADP+ como aceptor. O nome sistemático desta clase de encimas é tripanotión:NADP+ oxidorredutase. Outros nomes de uso común son tripanotión redutase e NADPH2:tripanotión oxidorredutase. Utiliza un cofactor, o FAD.
Resolvéronse as estruturas cristalinas de raios X dos encimas tripanotión redutase de varias especies de parasitos tripanosomátidos, incluíndo os de Crithidia fasciculata, Leishmania infantum, Trypanosoma brucei e Trypanosoma cruzi. As estruturas revelan que a tripanotión redutase forma homodímeros en solución con cada unha das subunidades individuais que comprenden un dominio de unión ao FAD, un dominio de unión ao NADPH e un dominio de interface. Exemplos de inhibidores da tripanotión redutase son o 5-nitro-imidazol, febrifuxina, imipramina e benzoxaborole.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Oxidorredutases