De luns a venres foi o primeiro xornal de distribución gratuíta redactado integramente en lingua galega. Comezou a publicarse en 2006 e coa integración co xornal ADN pasou a desaparecer o xornal en galego.
Características Cunha tiraxe de 50.000 exemplares, que o situaba no posto trixésimo a nivel estatal en difusión e no terceiro a nivel galego, esta publicación do Grupo El Progreso distribuíase desde finais de 2006 os días laborables (de aí o seu nome) nas sete principais cidades de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Dende comezos de febreiro do ano 2013, o xornal pasou a ter unha distribución semanal e publicábase só os venres, aínda que mantiña a edición diaria na súa plataforma dixital.<ref>Diario "De Luns a Venres" pasa a ser semanal, Faro de Vigo, 26 de xaneiro de 2013 .</ref>
O xornalista lugués Alfonso Álvarez Riveiro dirixiu o xornal, con sede en Santiago. A redacción estaba formada por un equipo de xornalistas coordinados por Martín García Piñeiro, mentres que a dirección comarcal corría a cargo de Pedro Rodríguez Blanco.
A partir da creación do xornal electrónico Galiciae, en 2007, a web de De luns a venres foi integrada neste novo medio.
Desde o 1 de decembro de 2008 agrupouse co xornal ADN'', tamén de distribución gratuíta.
O 27 de decembro de 2013, editou o seu derradeiro exemplar en papel e quedou só como dixital, xa sen cabeceira de seu, na plataforma dixital Galiciaé.Pecha a edición en papel do semanario "De Luns a Venres", Sermos Galiza, 2 de xaneiro de 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Galiciaé, onde se integrou De luns a venres
Luns a venres Luns a venres Luns a venres Categoría:Grupo El Progreso Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela