Xosé Antón Fidalgo Santamariña, nado en Costoia (Sobrado) o 13 de xullo de 1946 e finado en Ourense o 18 de decembro de 2011, foi un antropólogo galego.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras e Teoloxía, doutorado pola Universidade Pontificia de Salamanca e diplomado en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Foi profesor de antropoloxía social da Universidade de Vigo e dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS). Colaborou no Boletín Auriense. Finou en Ourense o 18 de decembro de 2011.Fallece o profesor Fidalgo Santamariña en OurenseAntonio Fidalgo Santamariña Obras Antropoloxía dunha parroquia rural (1988).
O afiador (1992). La gran pulpada gallega (1999).
Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recoñecementos Premio Otero Pedrayo (1984). XI Premio Xesús Taboada Chivite (1998). Notas
Categoría:Antropólogos de Galicia
Categoría:Profesores da Universidade de Vigo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Nados en Sobrado Categoría:Nados en 1946
Categoría:Finados en 2011