Anna Gavalda, nada o 9 de decembro de 1970, é unha escritora en lingua francesa.
Traxectoria Anna Gavalda naceu o 9 de decembro de 1970 en Boulogne-Billancourt, na rexión da Illa de Francia. É nai de dous rapaces.
En 1992 gaña o premio France Inter por La Plus Belle Lettre d’amour (A carta de amor máis fermosa). Profesora de francés na universidade Nazareth en Voisenon (Seine-et-Marne), Anna Gavalda obtén no 2000 o Gran Premio RTL-Lire pola súa primeira colección de novelas curtas Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part [Encantaríame que alguén me esperase nalgún sitio]. Actualmente está escribindo na revista Elle artigos sobre literatura infantil e xuvenil.
Obras Prólogo e textos da reportaxe fotográfica e dos diálogos recollidos por Régis Momenteau no libro A leurs bons cœurs (Aos seus bos corazóns), Le Dilettante, 2005. Xuntos e máis nada (Ensemble, c'est tout), Le Dilettante, novela, 2004; tradución de Mª Dolores Torres Paris, Editorial Galaxia, Vigo, 2006, ISBN 84-8288-898-6. 35 kilos d'espoir (35 quilos de esperanza), Bayard Jeunesse, novela para adolescentes, 2002 Je l'aimais (Eu quíxeno), Le Dilettante, novela 2002. Unha bonita escapada (L'échappée belle), France loisirs, novela, 2001; tradución de Mª Dolores Torres Paris, Editorial Galaxia, Vigo, 2010, ISBN 978-84-9865-279-6. Ceux qui savent comprendront (Os que saben, entenderán), Grand livre du mois, novela curta de 64 páxinas, 2000. Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part (Encantaríame que alguén me esperase nalgún sitio), Le Dilettante, novela curta, 1999.
Véxase tamén Ligazóns externas
Anna Gavalda—Fotos de Mathieu Bourgois.
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados na Illa de Francia