Emily Menon Bender, nada o 10 de outubro de 1973, é unha lingüista estadounidense e profesora na Universidade de Washington experta en lingüística computacional e procesamento da linguaxe natural. Tamén é a directora do Laboratorio de Lingüística Computacional da Universidade de Washington. Publicou varios artigos sobre os riscos dos modelos de linguaxe de grande escala e sobre a ética do procesamento da linguaxe natural.

Traxectoria Publicou artigos de investigación sobre as estruturas lingüísticas do xaponés, o chintang, o mandarín, o wambaya, a lingua de signos americana e o inglés. Bender creou LinGO Grammar Matrix, un kit de inicio de código aberto para o desenvolvemento de gramáticas HPSG de precisión e ampla cobertura.

En 2021, acuñou o concepto de papagaio estocástico no documento «On the Dangers of Stochastic Parrots: Can Language Models Be Too Big? 🦜», coa investigadora Timnit Gebru de Google como coautora e outros membros da Conferencia ACM sobre Equidade, Responsabilidade e Transparencia. Google tentou bloquear esta publicación, un feito que, xunto cunha serie de acontecementos posteriores, levou a Gebru a abandonar Google.

En 2025 publicouse o libro The AI Con: How to Fight Big Tech’s Hype and Create the Future We Want do que é coautora.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Profesores da Universidade de Washington