TROMSØ é unha obra de teatro escrita e dirixida por Rafa R. Martínez. Foi estreada o 21 de marzo de 2025 pola compañía Morraoconto na Casa da Cultura do Milladoiro, Ames.
O elenco de actores na presentación da obra estivo formado por Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga, Julia Ammerman ao piano e Lucía Iglesias ao violonchelo. Completa a ficha artística Esther Latorre, a cargo da dirección coreográfica e de movemento, José Faro "Coti" no deseño de iluminación e Ana Gesto no deseño de vestiario.
TROMSØ foi publicado pola colección de dramaturxia da Erregueté en novembro de 2025.
Sinopse Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor desde a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
Notas
Categoría:Obras de teatro en galego