João Fernando Cotrim de Figueiredo, nado en Lisboa en 1961, é un político e empresario portugués, candidato a presidente da República nas eleccións do 2026 polo partido conservador Iniciativa Liberal (IL).
Traxectoria
João Cotrim Figueiredo asumiu a candidatura á Asemblea da República, como cabeza de lista por Lisboa, nunha publicación feita no Facebook o 14 de xullo. “Eu sei, é uma surpresa até para mim. Mas aceitei porque já não consigo ficar sentado enquanto o país marca passo e não dá à geração dos meus filhos metade das oportunidades que a minha geração teve”, afirmou entón..
Alumno na Escola Alemá de Lisboa, continuaría estudos como estudante estranxeiro na London School of Economics, onde se formou en Economía. Marchou a Inglaterra en 1978, onde compaxinou varios traballos durante a etapa de estudante. Máis tarde, en Portugal, fixo un posgrao en Administración, Negocios e Marketing, pola Universidade Nova de Lisboa. Desde entón, suma cargos de administración en empresas de relevo nacional.
A familia posuía desde había varias xeracións a empresa de perchas Manequim, unha empresa fundada polo seu bisavó. A entrada no mercado de traballo produciuse con só 15 anos. Naquela época axudaba no negocio familiar, mediante a venda ambulante destas alcándaras en tendas e almacéns.
No mundo dos negocios, orbitou entre varias empresas ao longo do século XX ata o ano 2000: Compal, Nutricafés, Privado Holding, despois a TVI, entre 2010 e 2011. Na área do turismo, foi presidente do consello directivo do Turismo de Portugal entre 2013 e 2016, durante o goberno de Pedro Passos Coelho e, en 2015, foi elixido vicepresidente da European Travel Commission, que reúne organismos de turismo de 33 países europeos que queren promoverse fóra do continente.
Durante a xestión do novo deputado da Iniciativa Liberal, o turismo en Portugal disparou e comezou a bater récords – estendidos desde entón – cunha estratexia moi eloxiada e que se concentrou no en liña. Con todo, o presidente do ACP, Carlos Barbosa, nunha entrevista ao xornal “Sábado”, acusou a Cotrim Figueiredo de non entender "nada" do sector..
“Só lá está por ser amigo do Pires de Lima. Limitou-se a recolher os louros do trabalho de Bernardo Trindade [exsecretario de Estado do Turismo] e Frederico Costa [ex -presidente do Turismo de Portugal]."
O agora deputado estivo envolvido nas negociacións que trouxeron a Web Summit a Lisboa, en 2015. "Foi un traballo difícil, mais é un marco. Máis que as pernoctas que pode traer e a movimentación turística, a Web Summit sitúa Portugal como centro de innovación, de compartición de experiencias e de creatividade", dixo entón a Dinheiro Vivo.
O liberalismo económico e social e a redución do peso do Estado e dos impostos son, tal como para o presidente Carlos Guimarães Pinto, os grandes obxectivos que João Cotrim de Figueiredo se propón defender.
Nunha entrevista recente a “Notícias ao Minuto”, asume como obxectivos a privatización de Caixa Xeral de Depósitos, RTP e TAP e a implementación dunha taxa única de IRS do 15%. Do outro lado da barricada, desvaloriza as preocupacións ambientais. Engadindo despois que “o ambiente em Portugal está discutido de uma forma completamente alarmista e confusa”..
Actualmente, cumpre mandato como deputado no Parlamento Europeo, tras ser elixido nas eleccións europeas do 9 de xuño de 2024, polo partido Iniciativa Liberal (IL), á súa vez afiliado a Renovar Europa (Renew Europe) (antiga Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa). En xullo de 2019, xa era un membro destacado deste partido, xa que foi nesa data cando presentou a súa candidatura como cabeza de lista da IL para a Asemblea da República.
No ano 2025 anunciou a súa candidatura á Presidencia da República Portuguesa para as eleccións de xaneiro de 2026. Ao longo da campaña, as sondaxes foron amosando a progresión da súa lista, habendo algunhas que daban un hipotético paso á segunda volta das eleccións. O 18 de xaneiro de 2026 obtivo 903 057 votos, sendo o terceiro candidato máis votado co 16% dos sufraxios, logo de António José Seguro e André Ventura. Tras non conseguir pasar a segunda volta, Cotrim de Figueiredo anunciou a formación dun movemento cívico denominado Horizonte 2031, e anunciou que non votaría por André Ventura, sen concretar tampouco o voto polo candidato António José Seguro.
Notas
Categoría:Políticos de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1961