Jacobo Zóbel de Zangróniz, nado en Manila o 12 de outubro de 1842 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1896, foi un farmacéutico, numismático, empresario e político hispano-filipino, que chegou a ser alcalde de Manila.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Jacobo Zóbel procede dunha familia danesa protestante emigrada a Hamburgo, Alemaña. O seu avó paterno, Johan Andreas Zöbel, trasladárase ás Filipinas en 1834 para se dedicar á industria mineira e química. Os pais de Jacobo foron a española Ana Zangróniz Arrieta, filla dun xuíz da Real Audiencia de Navarra, e o farmacéutico Jakob Zöbel Hinsch (1808-1866),"Don Jacobo Zóbel y Zangróniz". Familysearch.org nado en Hamburgo mais naturalizado español en 1849 por mor do seu matrimonio.Vibal, G. (2020).Almagro Gorbea, M. "Jacobo Zóbel de Zangróniz". En Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (RAH.es).
Jacobo Zóbel de Zangróniz foi, xa que logo, o primeiro membro da súa familia paterna en ser español de nacemento, ao nacer no territorio colonial das Filipinas.
Cando Jacobo Zóbel tiña só seis anos quedou orfo de nai, e o seu pai regresou con el a Alemaña, onde estudou durante catro anos na escola do doutor Brandmann, e logo asistiu á Gelehrtenschule des Johanneums ata 1858. Logo, pai e fillo asentáronse uns anos en España, e Jacobo cursou os estudos de Farmacia e Ciencias Naturais na Universidade Central de Madrid, onde se graduou en 1863. Atraído polas humanidades, en Madrid complementou a súa formación con estudos de arqueoloxía, numismática, paleoloxía, e tamén de latín e grego, así como outras linguas tanto clásicas como modernas. Durante a súa etapa formativa en Europa realizou tamén varias viaxes a cidades como París, Londres ou Berlín, para visitar os seus museos e estudar as súas coleccións. Entre outras personalidades da cultura europea do momento, forxou amizade co autor Hans Christian Andersen, cuxos contos de fadas traduciu do dinamarqués ao español en 1864.
Logo de 15 anos en Europa, Jacobo Zóbel regresou a Filipinas no Nadal de 1863, por mor do mal estado de saúde do seu pai.
Empresario De volta nas Filipinas, Zóbel continuou a tradición empresarial da súa familia, máxime logo do falecemento do seu pai en 1866. Ademais foi socio xerente da compañía Ayala y Cía., que o seu avó materno establecera en Manila en 1834. Tamén foi representante en Filipinas da compañía francesa Charles Eiffel, subministradora do ferro utilizado na Torre Eiffel de París, e foi o promotor da construción da ponte de aceiro Ayala, sobre o río de Pasig.
Outra das achegas de Zóbel como empresario en Manila foi a introdución alí das primeiras bicicletas. En 1882 creou xunto con dous socios e presidiu a Compañía de Tranvías de Filipinas, grazas á cal chegaron a Manila os primeiros tranvías."Tranvías de Manila – Filipinas". Spanishrailway.com O seu carácter de empresario innovador levou a modernidade a Manila, xa que a través de Ayala y Cía. se puido financiar a chegada da electricidade en 1889 e do teléfono en 1890. No ámbito da banca, a partir de 1890 dirixiu o Banco Español-Filipino de Isabel II, que fora fundado polo seu avó materno en 1851.
En 1875 viaxou a España, onde fixou a súa residencia ata 1892, cando volveu ás Filipinas. En Sevilla foi o xerente da Sociedade de Desecamento das Marismas de Lebrija, de Trebujena e Sanlúcar de Barrameda.
Filántropo e político Paralelamente ao seu labor profesional, Jacobo Zóbel foi un destacado filántropo interesado no desenvolvemento económico e cultural de Manila, para o que colaborou cos departamentos locais de educación, saúde, agricultura, comercio e industria, nos que desempeñou diferentes cargos. Entre outros, foi nomeado delegado de Farmacia en Filipinas, conselleiro da Cidade de Manila (en 1869 e en 1874), e finalmente alcalde de Manila. A el débeselle a organización do sistema escolar en Filipinas e a creación da primeira biblioteca en español con libros de agricultura e industria traducidos ao tagalo, e tamén postulou a conveniencia de que os filipinos tivesen representación nas Cortes. A súa postura liberal e crítica coa Administración española, pouco dada aos avances sociais que el defendía, chegou a custarlle a cadea en setembro de 1874 acusado de colaborar co Motín de Cavite en 1872, tendo en conta ademais a súa proveniencia alemá, e finalmente foi liberado en febreiro de 1875 grazas á influencia de Otto von Bismarck. Nalgún momento chegou mesmo a situarse próximo á causa independentista, abrazada máis abertamente pola súa muller e o seu fillo logo do seu pasamento.
No entanto, polo seu labor a prol do progreso e das condicións de vida da poboación filipina, acabou sendo recoñecido en 1880 coa Gran Cruz de Isabel a Católica, e tamén foi nomeado cabaleiro da Orde de Carlos III e cabaleiro comendador da Orde da Estrela Polar, de Suecia. Tamén foi nomeado Fillo Predilecto de Biscaia.
Numismático e erudito Xa na súa primeira viaxe a Europa durante a súa etapa formativa, Zóbel comezara a interesarse pola numismática. Con só 21 anos, en 1863 publicou os seus dous primeiros artigos sobre moeda hispana na revista alemá Zeitschrift der Morgenlandischen Geselschaft e nas actas das sesións da Academia de Ciencias de Berlín.
Durante a súa estadía en España logo do seu matrimonio en 1876, continuou cultivando esta disciplina e tamén á epigrafía. Frecuentou os círculos numismáticos do momento e colleu amizade con Antonio Delgado, a quen lle dedicou en 1878 a súa principal obra, o Estudio histórico de la moneda antigua española, de quen se recoñeceu discípulo. miniatura|Placa da rúa Jacobo Zobel, en Manila. Seguindo a estela renovadora de Antonio Delgado, Zóbel sistematizou os estudos sobre as escritaspresentes nas moedas ibéricas, nas que, entre outras cousas, indicou as variedades epigráficas xeográficas e descubriu o carácter silábico consonántico dalgúns signos
Desde 1862 foi socio do Ateneo de Madrid e colaborador voluntario do Real Gabinete de Moedas de Madrid. Tamén foi membro correspondente da Sociedade Numismática Alemá e da Real Academia de Ciencias de Berlín.
O 28 de abril de 1865 ingresou na Real Academia da Historia como académico correspondente por Filipinas, presentado por Vicente Cardedera, Antonio Delgado e Emilio Lafuente y Alcántara.
En 1892 deixou España e regresou á súa Manila Natal. Vida persoal miniatura|Placa na tumba de Jacobo Zóbel no cemiterio da igrexa de Santo Agostiño, en Manila. Jacobo Zóbel casou o 5 de febreiro de 1876 en San Miguel, Manila, coa aristócrata Trinidad Ayala de Roxas (1856-1918), con raíces familiares en Áraba mais residente tamén en Manila, cuxa familia era propietaria do grupo de empresas Ayala. Tiveron tres fillos (Fernando, Enrique e Alfonso) e dúas fillas (Margarita e Gloria)."Jacobo Zóbel Zangroniz (1842 - 1896)". Geni.com
Zóbel finou en Manila o 7 de outubro de 1896, por causa dun derramo cerebral, e foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santo Agostiño desa Cidade.
Logo do seu pasamento, un dos seus fillos, Enrique Zóbel de Ayala (1877-1943), instituíu en 1929 en Filipinas o Premio Zóbel para recoñecer as mellores creacións literarias feitas no país escritas en español."80 años del Premio Zóbel". Instituto Cervantes (Cervantes.org)."Romero, P. G. (2020). "Una breve historia del premio Zóbel". En Medium. 30 de decembro. Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos sobre numismática publicados por Jacobo Zóbel de Zangróniz:Hübner, E. (1897).
(1863). “Spanische Münzen mit bisher unerklärtes Aufschirften”. En Zeitschrift der Morgenlandischen Geselschaft, XVII. Páxinas 336-357. (1863). "Über einem bei Cartagena gemachten Fund spanisch-phönikischer Silvermünzen". En Sitzungsberichte der Berliner Akademie der Wissenschaften. Xuño. Páxinas 253 e ss. (1863). "Sobre la ciudad de Baesippo". En El Arte en España. Páxinas 24-28. (1863). "Atribution d’une monnaie de la ville de Salacia". En Revue numismatique. 8. Páxinas 369382. (1866). "Noticia de varios monumentos que demuestran la existencia de un alfabeto desconocido empleado antiguamente en algunas regiones meridionales de la Bética". En Memorial Numismático Español. 1. Páxinas 7-41. (1866). "Ensayo de atribución de algunas monedas ibéricas de la ciudad de Salacia". En Memorial Numismático Español. 1. Páxinas 97-110. (1868). "Atribución de una moneda inédita a Serpa". En Memorial Numismático Español. 2. Páxinas 38-48. (1877). "Die Münzen von Sagunt". En Commentationes philologicae in honores Th. Mommseni. Berlín. Páxinas 805-824.
(1878-1880). Estudio histórico de la moneda antigua española desde su origen hasta el Imperio Romano. Tomo I (1878); Tomo II (1880). Zaragozano y Jayme, Madrid. (1881). "Uber die antike Numismatik Hispaniens". En Sitzungsberichte der Berliner Akademie der Wissenschaften. Xuño.Páxinas 806-832. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Hübner, E. (1897). "Los trabajos científicos del Excmo. Sr. D. Jacobo Zobel de Zangroniz, académico electo". En Boletín de La Real Academia de la Historia. Tomo 30. Páxinas 158-181. Vibal, G. (2020). "The Brilliant Life And Turbulent Times Of Don Jacobo Zóbel y Zangróniz". En Tatler (Tatlerasia.com). 20 de abril.
Categoría:Nados en Manila Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Escritores de España Categoría:Escritores de Filipinas Categoría:Numismáticos de España Categoría:Numismáticos de Filipinas Categoría:Farmacéuticos Categoría:Epigrafistas Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Españois de ascendencia filipina Categoría:Políticos de Filipinas